Piden cinco anos de cárcere para un home que se apropiou da herdanza que a súa tía deixara a outra persoa

Cando a muller foi declarada incapaz, o sobriño pasou a ser o encargado de administrar os seus bens. Retirou, "en beneficio propio", máis de 24.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2020 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña abrirá este mércores xuízo oral a un home (EM.F.C.) para o que Fiscalía pide cinco anos de cárcere por un delito continuado de apropiación indebida, por supostamente quedar co diñeiro que a súa tía deixara en herdanza a outra persoa.

De acordo co escrito do Ministerio Público, a tía do procesado (M.C.F.) faleceu en xaneiro do 2007. No entanto, xa no ano 2001 outorgara testamento para nomear unha terceira persoa (M.A.M.) como a súa única e universal herdeira.

En 2004, M.C.F. foi declarada incapaz e o procesado foi nomeado o seu titor e representante legal, polo que quedou como encargado de administrar os seus bens e dispor do seu diñeiro. Neste contexto, abriulle unha conta corrente ao seu nome. Por mor diso, EM.F.C. realizou "en beneficio propio", sinala Fiscalía, retiradas das contas da súa tía por un importe total de 24.550 euros.

Así, tras morrer M.C.F. no 2007, o saldo ao seu favor tan só era de 3.136,29 euros. No entanto, o acusado, "unha vez máis en beneficio propio" continuou gastando esta cantidade ata deixar a conta con saldo negativo.

A herdeira da súa tía denunciou os feitos en maio de 2012 e agora EM.F.C. enfróntase a cinco anos de prisión como presunto autor dun delito continuado de apropiación indebida. Así mesmo, Fiscalía pide que indemnice á prexudicada, M.A.M., nunha contía de 27.686,29 euros polo importe das cantidades detraídas.

Diñeiro. EUROPA PRESS - Arquivo
Diñeiro. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta