Pontón ve ao BNG "con forza para dar un gran salto adiante": "estamos fortes e non porque o digan enquisas"

Insistiu en que observa unha "gran corrente de "simpatía" na rúa que pide "un cambio".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2020 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG e cabeza de lista nas galegas, Ana Pontón, manifestou que os nacionalistas ven "con forza para dar un gran salto adiante" nas eleccións do próximo 5 de abril.

"Vémonos con forza para dar o gran salto adiante e que o fagamos pondo a unha presidenta; imos a por todas, sentimos fortes, non porque o digan as enquisas, senón porque hai unha gran corrente de simpatía ao BNG", sinalou.

Díxoo a preguntas dos xornalistas nunha presentación da cabeza de lista do catro provincias, o día en que se pecha o prazo para rexistrar as candidaturas ante a xunta electoral. Iso si, advertiu de que a "enquisa que vale" é a do 5 de abril, pero insistiu en que observa unha "gran" corrente de "simpatía" na rúa que pide "un cambio".

Pontón defendeu que se presenta para lograr un "cambio real" na Xunta e que os nacionalistas "ven con forza" para que se consiga. "Hai cansazo e unha maioría que quere cambio", incidiu Pontón. Contrapón seguir cunha "maioría absolutista" do PP a unha "Galicia viva, de cores, con optimismo e esperanza".

"Hai unha maioría de galegos que comparten connosco un desexo de que este país estea gobernado desde nós, desde aquí, que non acepte ordes nin de Madrid, nin desde Ferraz, nin Xénova nin da Complutense", aseverou Pontón, quen puxo os exemplos de Irlanda e Escocia, gobernadas por mulleres, ou País Vasco, cun goberno nacionalista.

A candidata do BNG, Ana Pontón, xunto coa cabeza de lista de Pontevedra, Luís Bará, Ourense, Noa Presas, Lugo,Olalla Rodil, e o número dous pola Coruña, Xosé Luís 'Mini' Rivas.. BNG
A candidata do BNG, Ana Pontón, xunto coa cabeza de lista de Pontevedra, Luís Bará, Ourense, Noa Presas, Lugo,Olalla Rodil, e o número dous pola Coruña, Xosé Luís 'Mini' Rivas.. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 seixocici

Ana Pontón, falsa a conciencia! O BNG foi alternativa, segunda forza dúas veces seguidas a finais do século, e agora que? Cuarta forza en disputa pola terceira, a grande distancia da segunda e na marxinalidade! Estás para presumir, presidenta Ana Pontón? Con En Marea, sumado o BNG, o número de deputados de 2016 non o iguala ningunha enquisa para 2020. O BNG non recupera non os votos da esquerda, vanse para o PsoE. Como para estar orgullosa, lideresa Ana Pontón? En realidade, para quen traballa Ana Pontón? Respostas: 1) Para consolidar a Feixóo. 2) Para aumentar as ganancias do PsoE. 3) Para o seu propio peto. O que non enxergue debe ter participacións no negocio da UPG!

1 Bng lacaios de Santi Rey

O Bng estará "forte" e en ascenso até que queira La Vox de Galicia. Téñennos comendo da man.

1 Casimiro

Si, co BNG xoga La Voz de su Amo, como tamén fixo no seu momento con En Marea, e con Podemos practican grupos da ultradereita (La Secta s de A3 Media, os donos de La Razón e dos estafadores de Planeta). O problema é que mentres chupades, no BNG, En Izquierda Vendida-Podemos, acreditades nos 'amos buenos'. E non aprendedes, bipartitos e alcaldías do cambio perdidas, e seguides queimando a xente. Total hai moitos asesores que manter, e con Ana Pontón, con Garzón e Yolanda, e cos Marqueses de Galapagar vivindo como príncipes. Repugna cando o líder da masa revolucionaria virou en casta depredadora!