Un edificio da UVigo traballa na súa réplica virtual

O edificio coñecido como MTI, Módulo Tecnolóxico Industrial, da Universidade de Vigo, que é sede do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (Cintecx) terá, antes de final de ano, unha réplica virtual que permitirá controlar en tempo real aspectos como a calidade do aire no interior do edificio, a temperatura, a humidade ou os niveis de dióxido de carbono.

Por E.P. | VIGO | 02/03/2020 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia