VÍDEO: Feijóo repite por cuarta vez con Los Limones para pór banda sonora á súa campaña coa canción 'Galicia é moito'

'Galicia é moito' mestura imaxes do candidato e de Galicia, e reivindica logros de xestión con bandeiras nas que loce "Xunta"

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/03/2020 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, volveu a confiar por cuarta vez en Los Limones e a banda ferrolá, con Santi Santos de vocalista, porá música á súa campaña e precampaña co tema 'Galicia é moito'.

Feijóo, Rajoy e Pablo Casado, no acto de Ourense. Rosa Veiga - Europa Press
Feijóo, Rajoy e Pablo Casado, no acto de Ourense. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Na liña dos anteriores temas musicais de 2009, 2012 e 2016, Los Limones e o PPdeG apostan por unha canción pop na que se canta que "Galicia é moito" e acompáñase con imaxes do país que se mesturan con fotografías do candidato.

Esta vez tamén se incorporan, a modo de reivindicación de logros de xestión, imaxes de infraestruturas impulsadas polo Executivo galego, que no vídeo locen unhas bandeiras nas que loce a palabra "Xunta".

O propio Feijóo difundiu este luns nas súas redes sociais o novo tema musical, así como os vídeos dos tres anteriores. Tras publicar a nova canción, dedicoulla "especialmente" aos xornalistas que se subirán á caravana electoral do PPdeG a partir do próximo 20 de marzo e que "a gozarán unhas cantas ducias de veces".

'Galicia é moito' xa soou este domingo no macroacto de Ourense no que o candidato popular estivo acompañado do líder estatal do PP, Pablo Casado, e do expresidente do Goberno Mariano Rajoy.

O himno do PP é outro dos temas habituais nos mitins do partido e que seguirá soando. Así mesmo, en varios actos desta precampaña, os populares galegos fixeron soar 'People have the power', de Patti Smith.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alienao

Ideal para analfabet@s funcionáis.