Temas: CIUDADANOS

O sector crítico de Ciudadanos vence ao de Inés Arrimadas en Galicia

Un dos compromisarios elixidos é Manuel Morgade, quen a pasada semana quedou a 16 votos de vencer a Beatriz Pino nas primarias na Comunidade

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/03/2020 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

A plataforma 'Cs eres tú, o sector crítico de Ciudadanos capitaneado polo vicepresidente da Xunta de Castela e León, Francisco Igea, venceu a primeira fase das primarias do partido ao acaparar 9 dos 15 compromisarios que corresponden a Galicia de cara á Asemblea Xeral dos días 14 e 15 de marzo.

O candidato á presidencia de Cs, Francisco Igea, durante a votación de compromisarios para a asemblea xeral
O candidato á presidencia de Cs, Francisco Igea, durante a votación de compromisarios para a asemblea xeral | Fonte: Europa Press

Así, neste evento tan só haberá seis representantes galegos da candidatura 'Unidos y adelante' e que, por tanto, votarán pola portavoz no Congreso e candidata a presidir o partido laranxa, Inés Arrimadas, que con todo arrasou co 78% dos compromisarios de toda España.

Dos 610 afiliados de Cs en Galicia que estaban chamados a participar neste proceso telemático --que tivo que ser aprazado unha semana por problemas informáticos--, votaron un total de 277, o que supón unha participación do 45,41%.

Neste contexto, os afíns a Igea venceron en tres das catro provincias galegas. Así as cousas, a plataforma 'Cs eres tú' celebrou o seu "ascenso en apoios" en Galicia, tendo en conta que a pasada semana Manuel Morgade, o seu candidato nas primarias para a elección dun candidato á Xunta, quedou a tan só 16 votos de gañar a Beatriz Pino, afín a Arrimadas.

"Desde a plataforma manifestan a súa alegría e afirman estar preparados para a seguinte elección, onde (os 9 compromisarios galegos) votarán a Francisco Igea e o seu equipo para a presidencia de Ciudadanos".

Temas: CIUDADANOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta