Hai que paralos!

Debemos de paralos. É un obriga política e moral deter a maquinaria demoledora do PP, que se está a cargar un século de conquistas sociais. Xa non se trata tan só por unha cuestión ideolóxica.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 19/10/2012

Comparte esta noticia
O que esta en xogo é a nosa esencia como pobo e como nación. Paralos nestas eleccións tamén debe significar darlle un duro golpe contra as políticas neo fascista de Rajoy e Compañía. Nunca como hoxe se dan as condicións para derrotar o PP e xerar un novo espazo de Reconstrución Nacional en Galicia. A irrupción no escenario político da Alternativa Galega de Esquerda esta suscitando unha inmensa ilusión colectiva e abre a posibilidade de que os seus votantes sexan decisivos na derrota das forzas da reacción "Lacaios" do centralismo español.
 
A representación parlamentaria desta Alternativa con ou sen goberno de coalición converterase no novo motor, que estaba a necesitar a nosa sociedade, para impulsar os cambios de modelo social e económico, que o noso país está a reclamar.
 
A pesar do pouco tempo disposto para instalar esta candidatura, e as políticas de censura e ocultamento por parte dos propietarios dos medios de comunicación. En poucas semanas a aceptación positiva e esperanzadora por parte da cidadanía, está a xerar unha nova marea política da esquerda autentica, como nunca se viviu en Galicia. A participación cidadá nos actos electorais así o confírman.
 
A figura de Xosé Manuel Beiras segue sendo un líder referencial para unha parte moi importante da cidadanía. A súa traxectoria e a súa capacidade política e intelectual son parte xa do imaxinario colectivo da esquerda nacional. É o prototipo do que debe ser un referente honesto e comprometido co seu país.
 
Xunto a Beiras nestas eleccións aparece unha nova figura emerxente con moita proxección de futuro como é a de Yolanda Díaz. É Nova, muller e cunha traxectoria de esquerda destacada. Dende o novo parlamento Yolanda seguramente convértase na voz feminina e de clase, que lle estaba a faltar á esquerda.
 
Algúns analistas anunciaban negativamente que as divisións do nacionalismo irían a debilitar a estas opcións. As enquisas non obstante sinalan que é posible que as expresións do nacionalismo e a esquerda galega logren ampliar a súa representación política no parlamento, captando un novo electorado.
 
Todo indica que este próximo domingo, Galicia se xoga o todo polo todo.
Podemos e debemos paralos co voto popular e a rebelión cidadá.
Hai que paralos! Debemos de paralos!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.