CIG-Saúde acusa ao Sergas de "ter secuestrado" o traballo dos 250 expertos para mellorar a Atención Primaria

Denuncia que a Xunta só publicou as conclusións dos "11 expertos que eles contrataron".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2020 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

O sindicato CIG-Saúde denunciou que o Sergas "ten secuestrado" o traballo de 250 expertos para mellorar a Atención Primaria en Galicia e demandoulle que "de inmediato" envíe a todas as organizacións que integran o Consello Técnico as conclusións dos grupos de traballo que debateron en diferentes comisións desde 2019 a situación deste nivel asistencial.

A secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, lembrou, nun comunicado de prensa, que tras a convocatoria de folga do 8 de abril de 2019 creouse o Consello Técnico de Atención Primaria no marco do cal expertos analizaron e presentaron propostas de mellora "para deseñar un Plan de Atención Primaria que de respostas ás necesidades asistenciais e laborais".

Así, lamentou que a última reunión do Consello Técnico de Atención Primaria celebrouse o 12 de decembro de 2019 e desde esa data "non se volveu a recibir ningunha documentación das comisións de traballo".

Por iso, para Abuín "é lamentable que o Sergas se apresurase a publicar as conclusións do grupo de traballo dos 11 expertos que eles contrataron, mentres ten secuestrado o traballo das comisións de expertos da Atención Primaria galega".

Por iso, CIG-Saúde esixe que o Sergas "publique de inmediato" as conclusións de traballo dos grupos. "Se tenta silenciar a voz dos profesionais, non publicando as conclusións destes expertos, o que pon de manifesto é que nunca tivo interese en facer un plan de Atención Primaria en consenso cos profesionais", concluíu.

O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nun acto en Santiago. XUNTA
O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nun acto en Santiago. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta