O turismo tamén se prepara ante o "efecto coronavirus"

A Xunta e o sector turístico reforzan a súa colaboración para "minimizar o impacto social" do coronavirus

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2020 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A Xunta e o sector turístico reforzan a súa colaboración e as canles de diálogo abertos no seguimento do coronavirus co obxectivo de "minimizar o impacto social e a repercusión" neste ámbito.

Deste xeito, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o xerente do Sergas, Antonio Fernández-Campa, reuníronse este martes con representantes do Clúster Turismo de Galicia para informar as liñas de traballo abertas en coordinación co Goberno central ante hipotéticas afeccións "dunha enfermidade vírica que nestes momentos non ten presenza" na Comunidade galega.

Así o explicou a Consellería de Cultura e Turismo nun comunicado de prensa, no que indica que o titular deste departamento destacou a necesidade de "traballar sen alarmismo", pero "con planificación e anticipación", seguindo "sempre os protocolos sanitarios que, de modo coordinado, coas comunidades autónomas, aplica o Ministerio de Sanidade".

Entre esas liñas de acción en marcha, aconsellan adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus comúns a calquera infección respiratoria, como a gripe. Por iso, insisten en chamar a extremar a hixiene de mans, entre outras.

Ademais, lembra a Xunta que puxo a disposición da cidadanía o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre este coronavirus. Neste número poden resolver as dúbidas que os galegos teñan respecto diso.

Reunión da Xunta co sector turístico no seguimento do coronavirus.. XUNTA
Reunión da Xunta co sector turístico no seguimento do coronavirus.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta