A autovía do Baixo Miño, unha nova coitelada á paisaxe, a economía e a poboación do rural de Galicia

Para un vial cunha velocidade media de 100km/h expropiaranse 1.000 fincas, afectará a case 20.000 metros cadrados de viñedo, máis de 2.000 de ríos e 6.000 de carballeiras. Pasará moi preto do instituto, da área deportiva e do centro de saúde de Tomiño e tamén da Aurora do Porvenir, unha escola indiana que é unha icona no concello e da que foi profesor o republicano Antón Alonso Ríos. Os veciños piden a paralización desta obra, a Xunta di que é a mellor opción e o concello, do BNG, cala.

Por Xurxo Salgado | Tomiño | 04/03/2020 | Actualizada ás 22:25

Comparte esta noticia