Vox cambia ao seu candidato na Coruña por outro "fervente defensor da unidade de España"

O partido de Abascal atribúeo a unha decisión "estratéxica" e di que esta home denunciou á empresa polo seu dereito á conciliación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2020 | Actualizada ás 12:22

Comparte esta noticia

Vox rexistrou listas electorais no catro circunscricións galegas para as eleccións do próximo 5 de abril cun cambio destacado na provincia da Coruña, xa que o seu número un foi substituído polo ferrolán Ricardo Morado Farjado, que no seu día denunciou á súa empresa por limitar o seu dereito a conciliar.

Fontes de Vox atribuíron, nunha explicación a Europa Press, a unha "decisión estratéxica" o cambio efectuado nas candidaturas, que mantén aos outros tres cabeza de lista. Sonia Teijeiro, encabeza a lista por Lugo; María Jesús Fernández, por Ourense; e Antonio Ramilo Rodríguez, por Pontevedra.

A pasada semana, o partido que dirixe Santiago Abascal anunciou que situaría a fronte da lista por esta provincia ao avogado Miguel Ángel Fernández López, que xa foi candidato ao Congreso nas pasadas eleccións e quedou a 8.000 votos de arrebatarlle o posto ao deputado do BNG.

Nas candidaturas rexistradas e publicadas este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG), tal e como comprobou Europa Press, Miguel Ángel Fernández López pasa ao número 11 da lista pola Coruña e á fronte sitúase este ferrolán fincando en Narón --segundo figura nas súas redes sociais--.

"FERVENTE DEFENSOR DA UNIDADE DE ESPAÑA"

Deste xeito, Ricardo Morado Fajardo inicia o seu percorrido na política con VOX como coordinador do municipio de Ferrol, lugar onde naceu, tal e como ratificou o partido de Abascal.
Actualmente, Morado Fajardo desempeña o seu labor como xefe de loxística dunha multinacional da distribución, á que en 2018 denunciou no xulgado do Social por aceptar a súa redución de xornada laboral, pero non o horario concreto que reclamara.

Santiago Abascal, presidente de VOX  nun mitin de Vox en Vigo (Galicia, España)
Santiago Abascal, presidente de VOX nun mitin de Vox en Vigo (Galicia, España) | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

4 anonimo

Mais para Gamela. hai outra razón. Os de Vox, debaixo do discurso facha, agochan unas ideas ultraliberais, de cargarse ao Estado, a base de eliminar impostos. Eso para Galicia, con boa parte da poboación dependendo de pensións e subsidios públicos, sería un suicidio. Eso é o que a xente tería que ver.

1 Gamela

Ogallá leves razón! Pero non esquezas en na Galicia existen montes e moreas de propietarios (de miserias e non tanto) aos que lles soa ben a música de eliminar tributos e cargas fiscais! Comeremos do porquiño e das patacas que sementamos? Por ese lado os galegos aínda temos alma de libertarios ! https://i.gal/gamela23

3 anonimo

Respostando a Gamela. Lamento disentir. Por moi enoxada que esté alguna xente, non vexo que , a base deso, alguén poida pensar que vox ten algún programa ou algo referente a Galicia. Falan en términos ideolóxicos de ultradereita, non teñen nengunha medida para Galicia. ¿ Alguén pode pensar que eso ten futuro eiquí? Moi poucos, a verdade.

1 Gamela

Ogallá teñas razón, pero cando as barbas do viciño vexas rapar... https://i.gal/gamela23

2 anonimo

Vox é algo completamente marxinal en Galicia. Non merece a pena perder o tempo con ese tema.

1 Gamela

Para ser marxinal e acadar 114.000 votos antes da Mesa Catalana imos ver se non levamos unha sorpresa.... ? Especialmente atendendo ao CABREO que ten o personal coa clase política últimamente ? https://resultados.elpais.com/elecc...

1 Ana

Mais centralismo= mais pobreza e emigracion para os galegos. Se queredes que Galiza perda "status" respecto a Euskadi e Cataluña votade a ultradereita. Pasaremos de ser nacionalidade historica a ser rexion. E se algo pintamos a dia de hoxe no estado e pq xogamos no grupo das "nacionalidades historicas" e non por ser a comunidade mais rica ou poboada. Galiza foi moi grande no pasado (Gallaecia) e non poder vir os españolistas a quitarnos a nosa grandeza co seu centralismo que nos empobrece e nos condea a emigracion. Soberania galega= prosperidade e pintar no estado e no mundo.

1 nostrus

Ana, vexo que eres supremacista ao considerar a Galicia unha rexion con mais categoria que o resto das autonomias, pero non é así, todas as rexions de España teñen os mesmos direitos e o feito de que en Galicia teñamos unha lingua mais non é motivo de ter mais direitos. Cada rexion ten as suas peculiridades propias, ¿consideras que Andalucia debe ter mais direitos por ter flamenco?. Debemos combatir todos os nacionalismos (incluido tamen o español), porque o nacionalismo é insolidario, egoista e ao final remata na violencia, supon un estado de enaxenacion mental que inventa inimigos, sufre alucinacions e manias persecutorias e distorsiona o espacio e o tempo. Nacionalismos NON, debemos loitar por unha Galicia próspera para conseguir uha España próspera. Non entendo porque vos estorban os demais compatriotas.

2 Casimiro

Nostrus, como é posible que ti teñas comPATRIOTAS e non sexas nacionalista español? Admitimos que Galiza/Galicia é unha rexión: xeográfica, política, cultural... Acaso España non é tamén unha rexión? Ou España é outra cousa? E de máis categoría? Se así pensas, contestando afirmativo, es un verdadeiro patriota nacionalista español, supremacista e pode que un fanatizado seguidor nazionalista (dos auténticos fascistas).

3 Casimiro

Fóra a alma de nacionalista/nazionalista español, querido Nostrus, non por iso deixas de acertar coa Ana (troll oficiosa do BNG), pois para reclamar a identidade e a condición dos galegos non chega con presumir dun pretendido pasado glorioso, senón que precisamos da liberdade para decidir ser, en pura e elemental democracia, o que desexemos no futuro (disolvernos como rexión dun Estado español centralista, federarnos ou confederarnos cos pobos ibéricos e da Europa ou do mundo, até república independente aberta ou pechada). E, nese punto, o BNG non aporta nada, pois non aspira a ter outra cousa que a franquía autóctona do PsoEspañol (en competencia coa outra franquía españolista representada por Podemos).

4 nostrus

Casimiro, cierto que llamo compatriotas a todos los demas españoles, incluidos los gallegos, pero no soy nacionalista español ni de ningún tipo. España claro que es una nacion y si tienes alguna duda consulta con la ONU, la OTAN, la CE, la historia, la Constitucion, el ejército, ctr. En cuanto a lo de nacion para Galicia solo es una ilusion y una fantasia que no abeis distinguir de la realidad. Estoy a favor de la unidad de España, pero solamente en la medida que el pueblo español quiera y cuando quiera otra cosa seré el primero en respetarla, pero para ello hay que consultar con la totalidad de los propietarios de esta nacion. Esa es la diferencia, yo me someto a la voluntad del conjunto del pueblo y tu solo te sometes a una voluntad minoritaria con tal que sea mayoritaria en un ricon y que además te guste.

5 Casimiro

Nostrus, como participe dunha unión recoñecida e rexistrada (chámalle matrimonio eclesiástico se está bendicido, unión civil, ou parella de feito) tes dereito a opinar. Faltaría máis! Acontece que os outros partícipes tamén contan, e se non convences a outra parte, e non quere manter a unidade, debes actuar como un adulto e asumir a ruptura. E moito mellor se é amigable, de acordo entre as partes... Nas orixes da ONU Galiza xa foi nación recoñecida (Sociedade de Nacións, ano 1933), a CE fala de estados (que non é o mesmo Escocia que Reino Unido), na historia podes escoller (entre um axitador fanatizado como Pio Moa e un profesor universitario, profesional e distante cando analiza, como Núñez Seixas)... Agora decide, ante a ameaça de ruptura matrimonial que escoller: sometemento de vontades (matando a parella, se pretende facelo efectivo, por romper o pacto) ou procuras acordo amistoso (con liberdade de decidir para as partes)?

6 nostrus

Casimiro, evidentemente os que permanezan en España teñen que acatar as decisions da maioria dos españoles e os que se queiran marchar de España teñen a liberdade de facelo, pero ao que non teñen direito os que queiran marchar é apropiarse para eles do que pertenece a todos. Si ti queres irte de España, faino, pero non esperes unha indemnizacion por elo. Ti, e os que sexan coma ti, podedes apropiarvos de algun iceberg que atopedes, colonizalo e facer nel unha nacion, pero non tedes direito a levar o que pertenece ao conxunto dos españoles. Supoño que me chamarás fa-cha por non permitir que se apropien do que tamén é meu. Unha aperta.

7 nostrus

Casimiro, si consideras que tu y los que piensan como tu teneis derecho a independizaros y no admitir las leyes españolas, supongo que tambien consideraras que en mi comunidad de vecinos tambien tendremos derecho a la autodeterminacion si somos mayoria los que queremos separarnos de Galicia o de España o de permanecer en ella. ¿De verdad crees que dos individuos pueden autodeterminarse si estan de acuerdo los dos?, incluso podrán arrastrar a un tercero. Segun tu, en una barca con tres individuos podran decidir que reme uno de ellos si los otros dos estan de acuerdo.

8 Caselas

Que simple es Nostrus. Xa cho explicaron e ti insistes en matar a parella se decide ir por libre. Meu, os da Illa decidiron separarse de Vilanova, os de Burela dos de Cervo... De quen era o concello? De todos, claro! E quen decidiron? Os que tiñan vontade de irse! E os outros? Asumírono e puxeron boa cara, para facilitar o futuro ordinal entre as partes! Sinxelo, verdade? Hai, non, que estamos falando de España, da esencia incorruptible, da nación milenaria, grande e unitaria, indisoluble, eterna, de raíz divina, cuna do imperio onde non se pon o sol! E a vontade dos cidadáns? Non conta, está decidido polos avós! E, por exemplo, os galegos que pasaron e os bascos que votaron por maioría contra a Constitución? Pois que se aguanten e remen para os centralistas, por eles votaron os de Madrid e van de señoritos!

9 nostrus

Non Caselas, no 78 o pobo español nun referendum puxo as condicions de convivencia entre todos e decidiu que a soberania estaba no conxunto do pobo español e si o pobo dixo o que dixo a sua vontade debe ser respetada hasta que o conxunto do pobo decida outra cousa. Mentras tanto aos democratas sen vocacion non vos queda outra cousa que f.dervos porque ademais existen garantias para que a Constitucion se cumpla.

10 Casimiro

Nostrus, nótase que debes ter máis de 60 anos, pouca capacidade de pensamento libre e menos lecturas actualizadas. Sabes que a maioría dos que decidiron no 1978 están mortos. Os vivos hoxe somos quen debemos decidir o que queremos ser: o que conta é a vontade dos vivos. Sabes que o Estado español, tal e cómo está configurado no 1978, ten data de caducidade próxima e xa lle están buscando outros modelos. Sexan 3 anos ou décadas, xa foi! E, como che dixo Caselas, os vascos decidiron votar NON á Constitución. Entón quen decidiu polos vascos? Ou non eran e son pobo recoñecido e até nación (lémbroche que así é, pola Sociedade de Nacións antes de ti nacer).

11 Casimiro

Logo Nostrus, repasa títulos básicos e premiados pola historiografía actual, de autores nada sospeitosos de parciais como "Suspiros de España", "La invención de España. Leyendas e ilusiones que han construido la realidad española" ou "Mater Dolorosa", e despois igual entendes que es víctima dunha educación manipulada e faltona cos que pensan diferente (reflexado co teu comentário soberbio, coidate de non tragar o teu propio veleno). E chora, se queres, por Cuba, polas Filipinas, polas posesións africanas, polas constitucións que xa foron, e polas que están vencidas e perdidas... Ou libérate da camisa vella e procura ser un pouco máis feliz, relativiza o que mamaches na escola franquista para non arrepentirte logo no Ceo cando descubras a Verdade verdadeira e que a túa loita era por unha causa ben canal e perversa.

12 Sentidiño

Casimiro: todas somos continxentes, pero ti es necesario!