O Defensor do Paciente pide á Fiscalía que investigue a morte dun paciente esperando unha ambulancia

"Este virus de falta de asistencia, xa é demasiado repetido na sanidade, con falecidos, non por contaxio senón por desidia da administración", denuncia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2020 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

A Asociación El Defensor do Paciente pide ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, que investigue a morte dun paciente tras esperar 36 minutos unha ambulancia no Punto de Atención Continuada (PAC) do centro de saúde de Lalín (Pontevedra).

"Pómonos en contacto con vostede para achegarlle o que nos chegou e trata doutro paciente falecido tras esperar 36 minutos unha ambulancia ou o que é o mesma denegación de asistencia con resultado de morte, caso reiterado", sinala esta asociación nun comunicado.

"Este virus de falta de asistencia, xa é demasiado repetido na sanidade, con falecidos, non por contaxio senón por desidia da administración pola falta de persoal e ambulancias", destacou na súa misiva.

Para esta asociación, trátase dun "presunto delito contra a vida das persoas que necesitan asistencia rápida para evitar a morte ou secuelas irreparables". "Como a lei establece a nosa solicitude está a fundamentada en que o artigo 262 da Lei de Enxuizamento Criminal obríganos aos que polo seu cargo, profesión ou oficio tivesen noticia dalgún delito público a denuncialo inmediatamente ao xuíz ou ao fiscal".

Esta misiva foi remitida despois de que un home de 74 anos de idade falecese na noite de luns por complicacións nas patoloxías cardiorrespitarias que padecía. Fíxoo no Punto de Atención Continuada (PAC) do centro de saúde de Lalín (Pontevedra), ao que foi trasladado por unha ambulancia desprazada desde Chantada, a 40 quilómetros de Catasós, a parroquia lalinense na que residía e á que tardou 36 minutos en chegar a dotación de Urxencias Sanitarias 061.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

EXPLICACIÓNS

Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, remitiuse este mércores ás "explicacións" que, segundo avanzou, dará o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña. A preguntas dos medios durante unha visita a unha empresa en Pontevedra, Rueda admitiu que non coñece as circunstancias nas que se produciu ese falecemento, pero insistiu en que Sanidade "dará as explicacións pertinantes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta