A actriz Cristina Moreira dirixirá a gala dos XXIV Premios Teatro María Casares

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) anticipa que o espectáculo que poderá ver o público será "unha homenaxe á profesión".

Por E.P. | A CORUÑA | 04/03/2020 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

A actriz, directora e cómica Cristina Moreira será a encargada de dirixir a gala dos XXIV Premios de Teatro María Casares, que este ano se celebrarán no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o próximo 26 de marzo.

Así o informa a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), que anticipa que o espectáculo que poderá ver o público será "unha homenaxe á profesión". "Facendo especial fincapé no que significa ser actor e actriz", engade.

A gala porá tamén no foco nas actuacións en pequeno formato e "nas particularidades, dificultades e esixencias que se lle impoñen ás actrices para exercer este oficio".

Con este obxectivo, a directora contará cun equipo eminentemente feminino. Así, o elenco estará formado por Déborah Vukusic, Arantxa Treus, Antía Costas e Rocío Romero. Por outra banda, Laura Iturralde encargarase da dirección de arte. A música estará a cargo de Nacho Muñoz.

A actriz Cristina Moreira, presentadora da gala de premios de teatro María Casares. ASOCIACION DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA
A actriz Cristina Moreira, presentadora da gala de premios de teatro María Casares. ASOCIACION DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta