Yolanda Díaz defende parar nas empresas se houbese risco "grave e inminente"

"Os demais bens están suxeitos ao principal, que é controlar os riscos, que non existan contaxios e actuar como estamos a facer", explicou ante os medios de comunicación.

Por E.P. | MADRID | 04/03/2020 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, xustificou este mércores a posibilidade de parar a actividade nas empresas se existe risco de contaxio por coronavirus. Sinala que se trata dunha medida guiada por "un único propósito", o da "prevención da saúde", e que "para unha democracia este é o ben principal".

"Os demais bens están suxeitos ao principal, que é controlar os riscos, que non existan contaxios e actuar como estamos a facer", explicou a ferrolá ante os medios de comunicación, que lle preguntaron pola guía de actuación lanzada polo seu departamento con recomendacións sobre como actuar ante o brote de coronavirus.

PARÓNS SE O DECIDEN OS TRABALLADORES

O documento lembra que, de acordo coa Lei de Prevención de Riscos Laborais, ante unha posible exposición a un risco grave e inminente, as empresas deben informar canto antes e adoptar medidas necesarias para interromper a actividade e, se fose necesario, abandonar de inmediato o lugar de traballo.

UNHA MEDIDA "EXTREMA": "ESPEREMOS QUE NON TEÑA QUE DARSE"

A titular de Traballo quixo deixar claro que o disposto na guía non fai máis que recoller o establecido na propia lexislación laboral e que o seu propósito con este documento é "dar absoluta tranquilidade aos traballadores" e facilitar "todas as canles para prever as situacións que puidesen darse".

"O Goberno, co ministro de Sanidade (Salvador Illa) á cabeza, está a actuar correctamente e, por tanto, non aceleremos riscos que, a día de hoxe, parece que non existen", apostilou a ministra, que sinalou o posible paro da actividade como "quizais" a medida "máis extrema" e que, antes de chegar a ela, "hai outras moitas". "Esperemos que non teña que chegar a aplicarse", dixo.

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, durante a súa chegada ao encontro confederal de Unidas Podemos celebrado na Fundación Diario Madrid, a 22 de febreiro de 2020.. Ricardo Rubio - Europa Press
A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, durante a súa chegada ao encontro confederal de Unidas Podemos celebrado na Fundación Diario Madrid, a 22 de febreiro de 2020.. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta