Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2020 | Actualizada ás 12:56
Entre os empregados galegos, un 8,3% traballa a tempo parcial e querería facelo máis horas, pero non atopa onde. Este dato, rexistrado no último trimestre de 2019, diminuíu nun 0,5% con respecto ao rexistrado hai un ano e é o menor obtido na Comunidade desde 2018.
Así o indicou un estudo elaborado por Adecco Group Institute, realizado coa a colaboración cos investigadores de Barceló e Asociados, para centrarse en como evolucionou a situación deste tipo de ocupados no último ano.
O documento sinala que Galicia é a quinta comunidade con menor número de persoas que queren empregarse máis e non poden, por detrás de Baleares (4,7%), Cataluña (7,2%), Canarias (7,3%), e País Vasco, co que está empatado cun 8,3%.
Adecco explicou que en toda España son 1,8 millóns os traballadores, o 8,8% dos ocupados, que computan menos horas que nunha xornada laboral completa e queren traballar máis horas, pero non atopan onde.
O centro de estudos subliñou que o número de persoas nesta situación diminuíu neste último trimestre de 2019 en todas as autonomías, algo que non ocorría desde marzo de 2017. "Esta proporción continúa reducíndose grazas á recuperación económica e do emprego", destacou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.