Uns 2.000 operarios do naval da ría de Ferrol volven á rúa para reclamar traballo

A dirección acepta agora todas as condicións da parte social con respecto ás novas incorporacións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2020 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

Uns 2.000 traballadores de Navantia Ferrol e das empresas auxiliares volveron ha manifestar se polas rúas e avenidas desta cidade, na mañá deste xoves, para demandar carga de traballo, ante a finalización das obras contratadas e a falta de novos encargos a curto prazo, xa que o inicio da construción das fragatas F-110 --para a Armada española-- está previsto para o ano 2022.

Antes de saír á rúa, e en vista das previsións meteorolóxicas, someteuse a criterio da asemblea do conxunto dos traballadores o secundar a mobilización convocada, pero gañou por ampla maioría realizar a protesta.

O presidente do comité de empresa, Javier Galán (CC.OO.), lembra que a propia compañía pública "contemplaba no seu Plan operativo de empresa a construción dun buque AOR para a Armada, un documento que o que fai é marcar pautas de posibilidades, algunhas xa realizadas, e outras pendentes de resolución".

"Válenos un barco destas características ou doutras, pero o que non imos permitir é que a totalidade dos traballadores das empresas auxiliares deste centro sexan despedidos a partir do mes de maio ou xuño cando se entreguen os dous buques AOR para Australia", sostén.

AUXILIARES

Con respecto ás denuncias formuladas por algúns traballadores de empresas auxiliares, que aseguraban que están a ser presionados polas súas direccións por participar nas mobilizacións, Galán apuntou que non ten "novas comunicacións respecto diso".

"Non permitiremos que ningún empresario ou empresa tome represalias contra os traballadores por participar en mobilizacións, que non son só para favorecer ao conxunto dos operarios, senón que tamén aos propios empresarios, que deberían de ser tamén interesados", avisa.

A manifestación motivou algúns problemas de tráfico en Ferrol, xa que os operarios partiron, sobre as 11,00 horas, desde a entrada principal do estaleiro, cara a zona do porto, continuando pola FE-15 e autoestrada AP-9 ata a glorieta de Basanta, onde tomaban a FE-13, en dirección a San Xoán, cara a estrada de Castela, pasando pola praza de España e entrado no barrio da Magdalena pola rúa María. Finalmente, foron pola rúa Concepción Arenal e desde alí de novo cara ao estaleiro.

DESBLOQUEO DE NOVAS INCORPORACIÓNS

Noutra orde de asuntos, sobre o proceso de novas incorporacións, Galán detallou que levaron "unha sorpresa" despois de que a directora de Recursos Humanos nos dous estaleiros de Navantia na ría de Ferrol "aceptase todos e cada un dos requisitos que se expuñan", tras meses de desencontros.

"Aceptan que nós esteamos presentes no proceso das reclamacións presentadas polos aspirantes aos postos ofertados, cun período para presentar alegacións, onde tamén se publicará unha lista de admitidos e excluídos, comunicando de maneira persoal a cada un destes o motivo de ser rexeitado; tendo tamén os representantes do traballadores acceso a esta documentación, sorprendéndonos agora que a dirección aceptase todo, quedando en que a comisión que vai revisar todo este proceso teña unha resolución non máis aló do próximo luns (10 de marzo)", explica.

Galán trasladou que "neste caso está claro que quen estaba a paralizar as novas incorporacións tanto no estaleiro de Ferrol como de Fene era a propia dirección, ao tratar de impedir a nosa participación, que acordaramos as dúas partes en Madrid", ademais de incidir en que "se vai esixir que se aceleren os prazos para a incorporación das novas 53 prazas para o ano 2020".

Traballadores de Navanti e auxliares protestan en Ferrol.
Traballadores de Navanti e auxliares protestan en Ferrol. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta