Un home de orixe galega morre asesinado tras recibir varios disparos en México

Medios locais apuntaron que un home vestido con roupa escura disparou a este home cando se dirixía á súa camioneta e, posteriormente, abandonou o lugar.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/03/2020 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

Un home duns 40 anos de orixe galega, Alberto Mozas Fornos, faleceu este mércores tras recibir varios disparos en Zapopan, no Estado de Jalisco (México).

En concreto, a morte deste home, cuxo pai residía en Beariz (Ourense) desde hai varios meses, tivo lugar no exterior do Hotel Porta do Sol, segundo detallou en declaracións a Europa Press o rexedor da localidade galega, Manuel Prado. Este home residía desde hai tempo en México, onde, xunto a varios socios, rexía o establecemento xunto ao que recibiu os disparos que causaron o seu falecemento.

Medios locais apuntaron que un home vestido con roupa escura disparou a este home cando se dirixía á súa camioneta e, posteriormente, abandonou o lugar. Ademais, detallaron que este home xa recibira ameazas con anterioridade.

Policía de México investigando o esceario dun crime
Policía de México investigando o esceario dun crime | Fonte: elnacional

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 SantiMC

Licenciado en Xornalismo pola USC no ano 2000 DEP Luís Alberto