Unha empresa galega presenta o primeiro sistema avanzado de asistencia á condución de baixo custo

Trátase de Xeso Innovatio, empresa tecnolóxica dedicada ao desenvolvemento de software e produtos de mobilidade intelixente.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 05/03/2020 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

Xeso Innovation, unha empresa tecnolóxica galega dedicada ao desenvolvemento de software e produtos de mobilidade intelixente, desenvolveu o primeiro sistema avanzado de asistencia á condución de baixo custo, orientado a reducir a sinistralidade na estrada.

Presentación do sistema avanzado de asistencia á condución de Xesol
Presentación do sistema avanzado de asistencia á condución de Xesol | Fonte: Europa Press

No marco do programa de investigación Horizonte 2020 da Unión Europea, a empresa, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), recibiu 2 millóns de euros para o seu proxecto SmartCars, dentro do que desenvolveu un sistema avanzado de asistencia á condución que monitora a contorna dinámica e identifica peóns, vehículos, sinais de tráfico e tamén as liñas da estrada, empregando para iso tecnoloxía de visión computacional e redes neuronais.

A vantaxe deste sistema radica no prezo, dado que, mentres que os modelos actuais no mercado roldan os 900 euros, este poderá adquirirse por 550.

O responsable legal e de protección de datos de Xesol, José Crespo, explicou que este sistema "axudará a potenciar a seguridade viaria e a salvar vidas" mediante a detección de obstáculos co consecuente aviso ao condutor.

Ao longo deste xoves celebrouse unha xornada de demostración deste sistema no Parque Tecnolóxico de Galicia, nun circuíto habilitado con sinais, unha proba que continuará este venres durante toda a mañá. Están a empregarse un total de 15 vehículos equipados con este dispositivo intelixente, composto dunha cámara, un PC e unha pantalla.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta