Coronavirus: a demanda de máscaras crece un 20.000 % malia que non están recomendadas para a poboación xeral

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 05/03/2020 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

As peticións de máscaras nas oficinas de farmacia durante a última semana de febreiro, coincidindo co aumento de casos de coronavirus en España, creceron un 20.000 por cento con respecto á mesma semana de 2019, segundo datos da Federación de Distribuidores Farmacéuticos (Fedifar).

Máscaras á venda nunha farmacia
Máscaras á venda nunha farmacia | Fonte: Europa Press

A demanda de máscaras a almacéns por parte das oficinas de farmacia, ademais, duplicouse con respecto á semana anterior. De acordo con Fedifar, cada día solicítanse unhas 130.000 máscaras, pero cóbrese só un 10 por cento de todas esas peticións.

Igualmente, "creceu bastante" a demanda de xeles desinfectantes para previr os contaxios por coronavirus. "Hai un par de semanas crecera un 700 por cento e supomos que na última semana de febreiro aínda máis", apuntan desde Fedifar, que lembra que o uso de máscaras non está recomendado para a poboación xeral, senón só para aqueles contaxiados ou con síntomas respiratorios compatibles co virus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta