Suspenden o Encontro de Teatro Xuvenil Europeo en Santiago pola expansión do coronavirus

Ía celebrarse entre o 31 de marzo e o 2 de abril. Agora pénsase en setembro ou outubro como datas alternativas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2020 | Actualizada ás 20:11

Comparte esta noticia

Os organizadores da primeira edición do Encoentro de Teatro Xuvenil Europeo que tiña previsto celebrarse en Santiago entre o 31 de marzo e o 2 de abril anunciaron a suspensión da cita debido á expansión do coronavirus.

Coronavirus
Coronavirus | Fonte: diariojuridico.com

O Casino de Santiago, entidade organizadora do evento, anunciou este venres o adiamento do encontro, que se moverá aos meses de setembro ou outubro.

Nesta primeira edición do encontro está previsto que participasen grupos procedentes de Moscova, Vannes (Francia), Logroño e dous centros de Santiago, os institutos de Pontepedriña e o Antonio Fraguas, do barrio das Fontiñas.

O Casino, que apunta a que a decisión foi acordada coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, agradece aos grupos participantes o seu compromiso para acudir a Santiago na nova data proposta.

Ademais, tamén expresa o seu agradecemento ás empresas de hostalaría e transporte que colaboran no evento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta