Allariz, unha vila pola igualdade

“Non hai home nin muller tan brava que non amoleza coa xeada” é o eslogan escollido para as XVI Xornadas para a Igualdade desta localidade, con charlas, obradoiros, faladoiros, teatro e cine.

Por X.M. Fernández | Allariz | 07/03/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

As xornadas inauguráronse este 6 de marzo cun obradoiro para Doulas Sororas e outro para parellas impartidos por Almudena Herranz, sexóloga do Instituto de Sexoloxía Incisex e socia fundadora do Centro Sexolóxico Sexorum de Madrid. Esta mesma ponente impartirá o día 7 o II Seminario "As parellas e a interculturalidade".

A concelleira de Benestar Social, Maribel Poisa, e a técnica de Igualdade, Ana Pérez,presentando as xornadas. Foto: Concello de Allariz
A concelleira de Benestar Social, Maribel Poisa, e a técnica de Igualdade, Ana Pérez,presentando as xornadas. Foto: Concello de Allariz

O domingo 8 o Concellode Allariz súmase á folga de coidados e de consumo convocada polo movemento feminista. 

Outras actividades programadas para os días 9, 12 e 13 deste mes son, respectivamente, unha sesión sobre o proceso penal de violencia de xénero a cargo dunha avogada; unha proxección audiovisual con debate e unha función de teatro para a convivencia. 

Rematando o ciclo, os días 16 e 17 haberá outro obradoiro para parellas baixo o suxestivo título de "Cultivo e desbroce na parella", e o 18 “Parrafada na tasca”. Este faladoiro versará sobre "a vulnerabilidade como valor humano" e estará moderado pola sexóloga e educadora familiar do Concello de Allariz Uxía Fernández.

Colaboran nestas xornadas: Empresas amigas BenComún, Vinoteca A Micalla e a Asociación de Mulleres Silvardeiras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta