Sanidade apunta á "normalidade" sobre unha alerta de xarampón en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou que un brote de xarampón que apareceu en Galicia se adecua a unha situación de "normalidade" do ámbito sanitario, xa que se traballa "con alertas sanitarias todo o ano".

Xarampón
Xarampón | Fonte: Getty Images.

O titular deste departamento, Jesús Vázquez Almuiña, apuntou que ao longo do ano Sanidade traballa con "alertas sanitarias" que poden ser diversas. "Nalgún momento de xarampón, de papeiras ou algún brote de tuberculose", engadiu.

Segundo o consellerio, "todo iso entra dentro do normal" no que respecta á activación de alertas sanitarias. Ademais, precisou que a preocupación da cidadanía a día de hoxe está centrada na expansión do Covid-19, xa que a diferenza doutras enfermidades, esta é "nova".

Cre que o caso da gripe común, por exemplo, é diferente porque está instaurada na poboación, mentres que o coronavirus é unha enfermidade nova e por iso entende a "maior preocupación", aínda que insiste en que é unha enfermidade que "non está na Comunidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta