Máis de 200 persoas e drons buscan o octoxenario desaparecido en Boimorto

Desapareceu o pasado 29 de febreiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2020 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

Un amplo dispositivo formado por 200 persoas e drones participan este sábado na procura do octoxenario desaparecido o pasado 29 de febreiro en Boimorto (A Coruña).

Amplo dispositivo de procura do octoxenario desaparecido en Boimorto
Amplo dispositivo de procura do octoxenario desaparecido en Boimorto | Fonte: 112 Galicia.

Segundo informa o 112 Galicia, no operativo, coordinado pola Garda Civil, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) incorpora un vehículo anfibio a motor para reforzar a procura en zonas de difícil acceso.

Ademais da Garda Civil, persoal do Concello, familiares e amigos do desaparecido participan no operativo, así como efectivos dos servizos de emerxencias de Boimorto, Arzúa, Melide, Arteixo e Padrón. Tamén participa unha unidade de cans de rescate.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) tivo coñecemento da desaparición deste octoxenario ás 00,15 horas do 1 de marzo mediante a chamada dun particular que informaba diso.

O alertante explicou que o home desaparecido, do lugar de Romelas, foi visto por última vez por unha veciña, sobre as 20,00 horas do 29 de febreiro. Con esta información, por parte do 112, pasouse aviso á Garda Civil, que activou un operativo de procura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta