Deputados e senadores galegos do PP preguntarán ao Goberno polos 200 millóns do IVE que reclama a Xunta

Pedirán así ao Executivo de Pedro Sánchez que "aclare se ten intención de contestar o requirimento" do Goberno galego no que "se esixía a adopción de medidas para compensar esta débeda".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2020 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

Os deputados e senadores do PP de Galicia presentarán o vindeiro luns unha pregunta escrita, tanto no Congreso como no Senado, sobre os 200 millóns dunha mensualidade do IVE do 2017 que reclama a Xunta ao Goberno central.

Elena Muñoz
Elena Muñoz | Fonte: PP.

Tal e como avanza o partido, os populares pedirán así ao Executivo de Pedro Sánchez que "aclare se ten intención de contestar o requirimento" da Xunta no que "se esixía a adopción de medidas para compensar esta débeda".

En concreto, a portavoz da Comisión de Facenda do Grupo Popular no Senado, Elena Muñoz, incide na "obriga legal" de realizar tal pago "tal e como establece" o sistema de financiamento e "o compromiso" da ministra de Facenda, María Jesús Montero, a facelo.

"É un diñeiro que pagaron os galegos e necesítase para financiar a prestación de servizos públicos esenciais como a sanidade, a educación e os servizos sociais", remarca.

Ademais, Muñoz lembra que "non é unha petición única" da Xunta de Galicia, xa que a esta cuestión súmanse outras comunidades "de distintas cores políticas", incluídas algunhas gobernadas polo PSO.

"Galicia sempre foi leal co Goberno, cumpriu coas súas obrigas e non xerou nin un só problema. E, por iso, temos a lexitimidade moral, ademais do apoio da legalidade, para esixir este cumprimento", asegura.

Precisamene, este venres fontes de Vicepresidencia aseguraron que aínda non hai resposta ao requerimento previo enviado ao Executivo de Pedro Sánchez para esixirlle que pague estes 200 millóns. De feito, de non producirse unha contestación antes do 11 de marzo, a Xunta disporá ata o 11 de maio para promover unha denuncia a través dun recurso contencioso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta