As confrarías da Semana Santa de Ferrol suprimen os beixamáns e beixapés ás figuras santas polo coronavirus

Avogan por "outras mostras de respecto e devoción como a inclinación de cabeza".

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 08/03/2020 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

A Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol suprimiu todos os beixamáns e beixapés ás imaxes de Xesucristo, da Virxe e de calquera outro santo como medida de contención do coronavirus.

Procesións da Semana Santa na Praza de Armas de Ferrol
Procesións da Semana Santa na Praza de Armas de Ferrol | Fonte: Galiza Ártabra.

Este órgano relixioso explica que esta medida se adopta para "seguir as indicacións" do Bispado da Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

No canto dos beixamáns e beixapés, a Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades avoga por "outras mostras de respecto e devoción como a inclinación de cabeza".

A Semana Santa de Ferrol súmase así ás numerosas celebracións relixiosas de España que tiveron que modificar algunha das súas actividades con motivo da incidencia do COVID-19, que afecta a case 600 persoas en todo o Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta