Feijóo admite a "situación delicada" pero espera que o coronavirus non afecte ao Xacobeo

Alerta de "dúas ameazas reais" para a economía que identifica coa "inestabilidade política" e a "desigualdade do sistema"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2020 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu a "situación delicada" que vive o turismo polo coronavirus, pero espera que o sector en Galicia siga á alza polo efecto Xacobeo.

Así o asegurou este luns nunha xornada sobre a transformación de negocios en Galicia, organizada pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD) en Santiago, onde subliñou a "década moi importante" que afrontará Galicia en materia de "atracción" do turismo coa celebración dos próximos Xacobeo nos anos 2021, 2027 e 2032.

Máis aló desta cuestión, na súa intervención Feijóo avisou dos riscos do populismo para a economía, de forma que defende que "a política e a economía han de entenderse", xa que "non poden vivir de costas".

Así, describe "dúas ameazas reais" que identifica coa "inestabilidade política" e a "desigualdade do sistema". Neste sentido, censurou o "incumprimento" do Goberno co sistema de financiamento ao non dar a Galicia os 370 millóns que debe. Lamenta que "se crebe este principio por primeira vez" mentres o Executivo central "senta á mesa" con independentistas.

Por iso, Feijóo recrimina ao Goberno "declarar inimigas a unhas comunidades" mentres "se premian as deslealdades". En cambio, valora a "colaboración autonómica" para cuestións como impulsar o corredor ferroviario atlántica, así como a unión de Galicia, Asturias e Cantabria para presentar alegacións ao estatuto para as electrointensivas.

ESTRATEXIA DIXITAL

Pola súa banda, o titular do Goberno galego destacou que a autonomía aspira a ser a primeira en contar con estratexia dixital para a próxima década. Esta estratexia pasará por dous eixos: a capacitación dixital da sociedade e o posicionamento de Galicia tanto en tecnoloxías de altas prestacións como en intelixencia artificial.

Foro da APD con Alberto Núñez Feijóo. APD
Foro da APD con Alberto Núñez Feijóo. APD | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 o virus pode mutar

deberían suprimirse todo tipo de espectáculos de masas e todas as actividades pechadas multitudinarias, incluso debería aprazarse o das eleccions ata o verán... no verán o virus desaparecerá, a vacina para dentro de dous anos... a cousa e clara, si se queren salvar vidas a que tomar medidas excepcionais que non se están tomado, coarentenas e peches de locais... as misas por TVG... a mortalidade do virus e de entre 2-3, e non esquezan en Italia nun so día 133 mortes, sepan que a raza branca e mais susceptible da PESTE NEUMONICA que a raza amarela ou negra... cousas da xenetica, xa o dixo un historiador ingles: que a peste bubónica tiña sido a mao de ferro que freo o crecemento dos pobos de europa entre 1347- e o seculo XVII.