Sánchez garántelle a Feijóo que en Galicia "non haberá partidos nin divisións" fronte ao coronavirus

A Xunta está "en permanente coordinación e contacto" co Executivo central.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2020 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno central, o socialista Pedro Sánchez, chamou na pasada xornada ao titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ante a crise sanitaria do Coronavirus.

Segundo expuxo no seu perfil de 'Twitter' o presidente galego, a Xunta está "en permanente coordinación e contacto" co Executivo central, e en disposición de adoptar todas as medidas que se lles indiquen en función da evolución do virus. "Polo que a nós respecta, aquí non hai nin haberá nin partidos nin divisións de ningún tipo. Prudencia e responsabilidade", transmitiu o xefe do Executivo galego.

Ademais de Feijóo e outros dirixentes autonómicos, Sánchez fixo tamén este luns unha rolda de chamadas aos líderes dos principais partidos da oposición no ámbito estatal unha mensaxe de unidade, serenidade e rigor fronte ao "desafío" de saúde pública que supón o brote polo Covid-19 en España.

O xefe do Executivo púxose en contacto co presidente do PP, Pablo Casado, a presidenta electa de Ciudadanos, Inés Arrimadas, e o líder de Vox, Santiago Abascal, así como o resto de portavoces de grupos, para abordar a situación en España, con 28 falecidos e máis de 1.200 positivos.

OUTROS CONTACTOS

O luns púxose tamén en contacto telefónico con algúns dos seus socios europeos para abordar de maneira conxunta a coordinación de estratexias fronte ao coronavirus. Así, conversou coa chanceler de Alemaña, Angela Merkel, o primeiro ministro italiano, Giuseppe Conte, a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen e o presidente do Consello Europeo, Charles Michel.

De feito, Michel convocou para este martes un Consello Europeo monográfico sobre este tema que se celebrará a partir das 17.00 horas por videoconferencia para dar unha resposta europea ao coronavirus. Finalmente, o xefe do Executivo tamén mantivo este luns unha conversación co Director Xeral da Organización Mundial da Saúde, Tedros Adhanom Ghebreyesus.

PLAN DE CHOQUE

Sánchez xa anunciou a posta en marcha dun plan de choque fronte ao coronavirus, un paquete integral de medidas que transcenden o ámbito económico, que o Executivo quere coordinar coa Unión Europea e os axentes sociais.

Desde este mesmo martes, o Consello de Ministros avaliará e no seu caso, aprobará determinadas medidas, aínda que parte deste plan de choque está condicionado por unha serie de fitos que terán lugar ao longo desta semana, o que aconsella esperar ao seu desenvolvemento antes de que o Goberno adopte certas decisións.

Sánchez comerá este martes co secretario xeral da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), Ángel Gurría, e pola tarde hai prevista inicialmente unha videoconferencia entre os xefes de Estado e de Goberno da UE para tentar conter as medidas sanitarias e a resposta económica.

O xoves hai outras dúas citas ás que o Palacio da Moncloa concede especial relevancia. En primeiro lugar, a reunión do Consello de Goberno do Banco Central Europeo, onde poderían adoptarse medidas económicas que axudasen a paliar os efectos económicos pola expansión do coronavirus.

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo. PPDEG
O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo. PPDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta