Jácome prevé que o centro de intelixencia artificial de Ourense "estará en marcha en agosto-setembro"

O alcalde avanza que o seu director se contratará "en cuestión dun mes", polo que as prazas dos primeiros enxeñeiros convocaranse "xa".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2020 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, estima que o centro de intelixencia artificial, unha das súas promesas estrela de campaña e para a que prevé un custo de 10 millóns de euros "o primeiro ano", estará en marcha "en agosto-setembro" deste ano.

Así o trasladou antes da reunión que mantivo esta mañá cos representantes das principais institucións no que será o emprazamento do novo proxecto na cidade, A Molinera -o último elixido tras dúas propostas anteriores-, para "determinar cal vai ser a folla de ruta dunha realidade que non ten marcha atrás".

Ao encontro tamén asistiron o presidente da Deputación provincial, Manuel Baltar; o director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da Xunta, Juan Manuel Cividanes; o vicerreitor adxunto de Investigación e Transferencia da UNED, Xullo Gonzalo Arroio; e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa.

Finalmente, non se contou coa presenza de ningún portavoz do Estado. Sobre iso, o alcalde afirmou que non lle contestou "á súa invitación, pero que confía na súa futura colaboración: entendemos que un centro de investigación non o pode nunca deixar de lado e que se incorporará proximamente".

COMEZARÁ DE FORMA "HUMILDE"

Jácome tamén sostivo que será "un centro dunha magnitude tremenda", pero que se comezará a perfilar "dunha forma máis humilde" con "10 millóns de euros o primeiro ano". O financiamento económico correrá a conta do Concello de Ourense, da Xunta de Galicia e da Deputación -a espera da resposta do Estado-, segundo concretou o rexedor, mentres que a UNED e a UVigo achegarán recursos humanos e infraestruturas.

Ademais, adiantou que "o futuro director vaise a concretar en cuestión dun mes" -tras cambiar as bases para retirar a condición de funcionario público para os seus aspirantes- e que a nova infraestrutura estará operativa "en agosto-setembro deste mesmo ano", polo que "as convocatorias de praza dos primeiros enxeñeiros informáticos ou de telecomunicacións vanse a plasmar xa". O alcalde, así mesmo, ratificou que "o futuro vai encamiñado cara aí": "Ou nos subimos ao carro ou quedamos fóra", concluíu.

Reunión en Ourense sobre o centro de intelixencia artificial.
Reunión en Ourense sobre o centro de intelixencia artificial. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta