Os casos de coronavirus en Galicia elévanse a 27

Hai tres en estudo, informa o presidente da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/03/2020 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou este martes de que os casos de coronavirus confirmados en Galicia polo Centro Nacional de Microbioloxía de Majadahonda elévanse a 27 e hai tres máis en estudo.

Así o trasladou nunha comparecencia ante os medios, acompañado do subdirector xeral de Información sobre a Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, e do xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, tras presidir a comisión de seguimento do coronavirus na que están implicados os distintos departamentos da Xunta.

Na comparecencia, Feijóo avanzou que, durante 15 días, fíxase o límite de visita dunha persoa por paciente ingresado en calquera hospital galego e a unha visita por interno nas residencias de anciáns.

Así mesmo, recoméndase optar por consultas telefónicas no canto de ir ao hospital, sempre que sexa posible; e limitarase o aforamento de eventos a 1.000 persoas.

Coronavirus
Coronavirus | Fonte: diariojuridico.com

NO ESTADO

A nivel estatal, o boletín das 13,00 horas recolle 418 positivos máis que ás 18,00 horas deste luns. 35 persoas faleceron e 135 curáronse desde o inicio da epidemia.

Por comunidades autónomas, Madrid xa rexistra 782 casos, fronte aos 577 do luns. Séguelle País Vasco (195), A Rioxa (144) e Cataluña (124), onde tamén creceron moito os contaxios. Andalucía xa conta con 71 positivos rexistrados e Castela e León con 56.

Tras elas, sitúanse Comunidade Valenciana (50), Castela-A Mancha (39), Aragón (38), Canarias (25), Asturias con 22, Baleares (13) e Cantabria e Navarra con 12. Murcia (9) e Estremadura (8) son as comunidades menos afectadas, mentres Ceuta e Melilla seguen libres de coronavirus.

En rolda de prensa este luns, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, recoñeceu que se produciu un "cambio a peor" na evolución do coronavirus en España, polo que se decretaron, en coordinación coas comunidades autónomas máis afectadas, suspensión de clases e recomendación de teletraballo, entre outras iniciativas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Atlantiac

O Feixón ten que deixar pasalo virus madrileño para cadra-lo presuposto dedicado a pensións. Todo o que sexa roubar sempre vai haber "consenso" entre as forzas ispanoafricanas.

2 jr8JIria

Que esperen a estar coma en Madrid e no País Vasco para cerrar os colexios e demais medidas

1 Katanga Corea

Lamentable a actitude da Xunta e do Sergas. Feijóo desaparecido en combate en todo este tema.