O Arquivo da Catedral de Santiago establece unha base de datos dos peregrinos medievais

Indica que a dificultade en canto ás fontes e o seu tratamento e dispersión dificultaron a tarefa de ofrecer un panorama claro sobre o feito peregrinatorio no numérico e no persoal: en casos concretos con nomes e apelidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2020 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O Arquivo da Catedral de Santiago puxo en marcha unha base de datos de peregrinos medievais (Badapem) que funcionará como un portal de acceso e consulta pública, libre e gratuíta no que se poderán buscar datos e referencias concretas de camiñantes a Compostela entre os séculos IX e XV.

Diso informou a Catedral nun comunicado, no que sinala que a presenza constante de peregrinos, desde a primeira andanza de Afonso II no século IX, permitiu o desenvolvemento do Xacobeo, materializado no itinerario cultural que se coñece como Camiño de Santiago.

Con todo, indica que a dificultade en canto ás fontes e o seu tratamento e dispersión dificultaron a tarefa de ofrecer un panorama claro sobre o feito peregrinatorio no numérico e no persoal: en casos concretos con nomes e apelidos. A Catedral tamén destacou que se trata dun portal colaborativo. Deste xeito, aqueles particulares ou institucións que teñan gatos ou referencias concretas poderán engadir novas entradas á listaxe tras darse de alta como usuarios.

A ferramenta, ademais, posibilita facer procuras por lugares de procedencia, datas, profesións... E cada ficha tamén poderá ser descargada como PDF. Pódese consultar a través desta dirección.

Ilustación do Camiño de Santiago na Idade Media.// Chema Román
Ilustación do Camiño de Santiago na Idade Media.// Chema Román

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta