O comité de Navantia urxe unha reunión co Goberno: "Que teñan os collóns de vir a Ferrol en plena campaña"

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol critica que "non haxa fondos económicos para o dique".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2020 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Navantia Ferrol, Javier Galán (CCOO), instou o Goberno central a que "teñan os collóns de vir a Ferrol en plena campaña electoral das eleccións autonómica" para reunirse cos traballadores do estaleiro.

Galán atendeu os medios tras participar nos actos institucionais organizados polo Concello de Ferrol con motivo do Día da Clase Obreira Galega, que conmemora a morte en 1972 de dous traballadores da antiga Bazán (hoxe denominada Navantia) tras recibir os impactos de bala da Policía cando participaban nunha manifestación no final da Ditadura.

Alí, fronte ao Monumento ao 10 de marzo, o presidente do comité de empresa do estaleiro ferrolán afeou a falta de compromisos económicos por parte do Executivo central coa construción dun dique cuberto.

"Estamos moi preocupados, ademais de por a carga de traballo, pola última noticia que sacou este Goberno, que se denomina progresista e que di que nestes momentos está en perigo a construción do dique cuberto", incidiu Galán, que lembrou que todos os plans de futuro que lles presentou a empresa desde o ano 2016 "sempre pivotaban sobre a construción do dique", onde se faría a segunda das fragatas F-110.

Concentración ás portas de Navantia en Ferrol.
Concentración ás portas de Navantia en Ferrol.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Luìs

Javier Galán , cada día máis desnortado e so pensando en irse xubilado, fai campaña a prol do PP