O 72,6% dos galegos menores de 25 anos está traballando, o mellor dato desde 2008

Así se desprende dun informe de Randstad sobre a contratación deste colectivo, que indica que esta cifra supón que sete de cada dez persoas mozas se atopan actualmente con traballo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2020 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

Un total de 41.400 menores de 25 anos están a traballar actualmente, o que supón o 72,6% do total, a segunda mellor marca da historia e só superada pola rexistrada en 2008 (75,9%), segundo os datos de Randstad.

Así se desprende dun informe sobre a contratación deste colectivo, que indica que esta cifra supón que sete de cada dez persoas mozas se atopan actualmente traballando.

Ademais, a porcentaxe obtida en 2019 é 2,4 puntos porcentuais superior ao ano anterior en materia de taxa de ocupación. A taxa obtida tamén se atopa 3,1 puntos porcentuais por encima da media estatal, situada no 69,5%.

Randstad sinala que analizando a serie histórica se observa que, tras alcanzar a segunda taxa de ocupación máis elevada deste colectivo en 2008 (75,9%), este indicador do marcado laboral descendeu cinco anos de forma consecutiva ata rexistrar a menor taxa en 2013 (49,9%), para despois crecer durante seis exercicios consecutivos ata 2019. De feito, este último ano, alcanzouse a segunda taxa de ocupación máis alta do período estudado, o 72,6%.

Camareiro traballando
Camareiro traballando

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta