O PSdeG apraza a renovación ao ano próximo

Celebrará un Comité Nacional o 10 de novembro pero non se asumirán responsabilidades ata despois do cónclave do PSOE en decembro. O ex voceiro parlamentario, Ismael Rego, pide xa a dimisión de Pachi Vázquez.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/10/2012 | Actualizada ás 21:26

Comparte esta noticia

O PSdeG agardará a ver que pasa logo do cónclave socialista de decembro, e no que se cedidirá sobre a continuidade de Alfredo Pérez Rubalcaba, para analizar a situación galega e tomar medidas tras a perda de sete deputados nos comicios do pasado domingo.

Pachi Vázquez
Pachi Vázquez | Fonte: PSdeG

Foi a decisión que a dirección socialista, con Pachi Vázquez á cabeza, expuxo ante os membros da súa dirección. Con todo, o próximo día 10 celebrarase un Comité Nacional para profundar na "reflexión" sobre o ocorrido o domingo.

Os socialistas galegos tampouco avanzaron quen asumirá a portavocía e a presidencia do Grupo Parlamentario de cara ao debate de investidura de Alberto Núñez Feijóo, aínda que as fontes consultadas sinalan que podería continuar Pachi Vázquez.

Foi o secretario de Organización, Pablo García, o encargado de comparecer ante os medios para dar conta da xuntanza da dirección do partido convocada para analizar a derrota electoral e que se prolongou durante tres horas e media.

Críticas

Non tardaron en chegar as críticas e, mesmo, as peticións de dimisión tras o fracaso electoral. Se o propio domingo foi o ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quen en declaracións na SER foi moi duro co actual candidato do PSdeG, este luns foi Rego, outro dirixente da órbita "touriñista" quen, directamente, pediu a dimisión do secretario xeral socialista. "non houbo ninguén que lle fixese tanto dano ao partido en tan pouco tempo", sinalou.

Rego, orma parte do comité nacional do PSdeG-PSOE, polo que a xuntanza do vindeiro 10 de novembro presumese moi tensa. E é que ao seu xuízo, "non é o momento de reflexións, despois do dito onte polos cidadáns, é o momento das dimisións".

"Non cabe dúbida de que canto máis tempo a actual dirección do partido e o actual secretario xeral se manteñan á fronte da súa dirección máis tempo durará a sangría de votos dos cidadáns cara a outras formacións políticas e de abandono do PSOE", alertou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 clara

O partido que xa nin é partido, nin socialista, nin obreiro...o español...eu desta votei AGE

1 militante

Pachi ten que dimitir xa. O PSdeG debe refundarse.

2 Unha militante

Xa non me recoñezo neste meu partido. Unha vergoña todo o que está pasando. Pachi tiña que dimitir e con el a metade do partido, os que ten a favor e os que ten en contra que o fan pior que el.

1 ixtlan

O PSOE ten dúas alternativas. Unha, seguir quitándolle o cú á inxección e agardar a converterse en marxinal e irrelevante na política galega. E outra, renovarse de verdade e tentar competir na Galicia de hoxe para seguir vivos. A disxuntiva é así de fácil. Os principais problemas son, claro, a desorientación de cara a onde tirar e o personalismo de quen, como Pachi, non ten altura política, carisma nin discurso para ser líder dunha formación política como o PSdeG. Saber facer chanchullos na fontanería do partido non abonda para ter credibilidade electoral. Alá eles!