Verín súmase ao Proxecto “Bibliotecas en Igualdade”

A Biblioteca Pública Municipal será a primeira de Galicia en unirse a esta iniciativa.

Por X.M. Fernández | Verín | 12/03/2020 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

O obxectivo deste proxecto é outorgar unha maior visibilidade ás escritoras, en especial ás propias de cada comunidade, completando os fondos bibliográficos da biblioteca con obras literarias escritas por mulleres de todos os tempos.

Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF
Biblioteca Municipal de Verín. Foto: XMF

A partir da adhesión a  o proxecto “Bibliotecas en Igualdade”, elaborado pola asociación Clásicas y Modernas, proponse lanzar unha gran campaña de concienciación, capitaneada pola  Biblioteca Nacional de España en colaboración coas bibliotecas das diferentes Comunidades Autónomas, destinada á recuperación e posta en valor das obras escritas por mulleres.

Entre os compromisos adquiridos coa sinatura deste convenio atópase procurar un equilibrio na autoría das obras dispoñibles entre homes e mulleres e avanzar na confección dun catálogo dixital, con especial atención ás autoras de cada comunidade autónoma.

Clásicas y Modernas é unha asociación para a igualdade de xénero na ciencia e a cultura, fundada en 2009 por mulleres profesionais da literatura, o xornalismo, a música, o teatro, o cinema… nas súas distintas facetas (creación, xestión, investigación, crítica, teoría, ensino). Esta Asociación nace co fin de apoiar, difundir e promover as políticas de desenvolvemento da Igualdade na creación, tanto nacional como internacional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta