As mulleres do rural, protagonistas do proxecto de arte urbana máis grande do mundo

Un cento de fotografías de gran tamaño instalaranse na Facultade de Belas Arte, na Casa das Campás e na Casa Consistorial de Pontevedra para reivindicar o rol das habitantes das vilas e aldeas na historia e cultura galega.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2020 | Actualizada ás 22:51

Comparte esta noticia

Un cento de retratos fotográficos, impresos a gran tamaño e colocados na fachada da Casa

Cartel do proxecto Mulleres (rur)urbanas
Cartel do proxecto Mulleres (rur)urbanas | Fonte: Remitida

Consistorial, da Facultade de Belas Artes e da Casa das Campás e de Pontevedra, visibilizarán e reivindicarán o esquecido e mesmo desprezado rol das mulleres do rural galego no sostemento do desenvolvemento colectivo. Trátase do principal obxectivo do “Inside Out: Mulleres [Rur]Urbanas”, unha proposta de intervención artística xurdida do impulso de 7H Cooperativa Cultural en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a concellaría de Igualdade do Concello de Pontevedra coa vontade de apoderar as mulleres das aldeas e vilas da provincia.

AS MULLERES TOMAN OS ESPAZOS PÚBLICOS

A iniciativa, que verá a luz o xoves 12 de marzo, insírese dentro das accións promovidas polo

proxecto colectivo de arte urbana máis grande do mundo, o Inside Out Project, creado en

2011 polo recoñecido artista francés JR e desenvolvido en máis de 1.801 localizacións de 142

países co propósito de transformar o espazo público a partir da utilización da arte de rúa como unha ferramenta de expresión comunitaria.

Fiel a este espírito, o grupo de acción artística pontevedrés, conformado por 25 estudantes de Belas Artes coordinados por artistas de 7H, trae por primeira vez a Galicia a iniciativa co fin de reivindicar a importancia do colectivo na construción identitaria e de introducir a idiosincrasia do rural e das mulleres que o habitan en espazos reservados tradicionalmente aos sectores masculinos, ilustrados e urbanos da sociedade.

Desde o pasado mes de outubro, o alumnado realizou un traballo de recollida de testemuños dun centenar de mulleres de diversas idades e ocupacións da provincia de Pontevedra, ás que posteriormente retratou tentando captar a forza das súas historias de vida. O resultado deste labor de diálogo e descuberta interxeracional desvelarase o vindeiro xoves, cando as fotografías dos rostros das mulleres retratadas, impresas en branco e negro en formato póster, se colocarán nas paredes exteriores da Facultade de Belas Artes, onde se exhibirán 72 retratos; nas ventás do edificio da Casa Consistorial, que acollerá 22 retratos, e na Casa das Campás, na que se situarán as restantes.

A instalación, nada cunha duración deliberadamete efémera, iniciarase arredor das 8:30 da

mañá e finalizará sobre ás 18:00h da tarde coa presenza dalgunhas das mulleres retratadas. Previamente, ás 12:30h realizarase unha presentación do proxecto na Praza de España na que intervirán representantes da concellería de Igualdade, a Unidade de Igualdade

da Universidade de Pontevedra, da equipa de 7H e do alumnado participante. Todo o proceso será documentado e compartido tanto nas redes sociais coma na propia plataforma web do Inside Out Project, na que se compilan todas as accións desenvolvidas no seu marco.

PONTEVEDRA, NA VANGARDA DA ARTE URBANA INTERNACIONAL

Co desenvolvemento do “Inside Out: Mulleres [Rur]Urbanas”, Pontevedra pasará a formar parte dunha plataforma global na que calquera colectivo que o desexe pode converter o espazo público no seu soporte de expresión.

Gañador do TED PRIZE en 2011, Inside Out Project leva nove anos convertendo as rúas de medio mundo en galerías de arte ao arte libre través de procesos participativos baseados no uso da fotografía. Edificios, muros e espazos singulares de cidades de cidades como Shangai, Nueva York, Berlín, Los Ángeles, Belén ou La Habana acolleron a instalación de fotografías de rostros, anónimos e expresivos, transformadas en vehículos de todo tipo de preocupacións e demandas: desde a esperanza da reconciliación en comunidades atravesadas por conflitos civís ata demandas de dereitos laborais ou lembranzas de tempos pasados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta