Caamaño pide unha renovación "urxente"

Di que ten que ser Pachi quen controle o proceso cara a unha asamblea do PSdeG pero advirte que non ten porque ser o voceiro parlamentario.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 23/10/2012 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Nin dous días despois pasaron das eleccións do pasado domingo o PSdeG é un fervedoiro. Logo da xuntanza da dirección socialista deste luns na que se decidiu convocar un congreso extraordinario para o vindeiro ano, e logo das peticións de dimisión a Pachi Vázquez que chegan desde algúns ámbitos do PSdG, o candidato deste partido na Coruña, Francisco Caamaño, considera "urxente" una renovación orgánica de todo este partido.

Francisco Caamaño
Francisco Caamaño | Fonte: psdeg

"É unha derrota sen paliativos", admitiu Caamaño sobre os comicios do pasado domingo. Un voto, reflexionou que se concentrou na coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), e que foi froito, en parte, polas diferenzas xurdidas no seo do PSdeG, "que non foi quen de crear unha alternativa sólida" e á que atribuíu un "problema profundo de credibilidade".

Voceiro parlamentario

En todo caso, Caamaño recoñece que eses cambios no PSdeG deben facerse con calma e, por iso, avogou porque sexa Pachi Vázquez quen ordene esa transición e, polo tanto, que se "manteña" como líder transitorio do partido ata o novo congreso. Pero tamén advertiu que o candidato nesta eleccións non ten porque ser o voceiro parlamentario. 

En rolda de prensa, para valorar os resultados electorais, Caamaño rexeitou, con todo, que o que foi candidato á Presidencia da Xunta asuma a portavocía no Parlamento galego, argumentando que a cidadanía o entendería con dificultade". Mentres, atribuíu a "responsabilidades colectivas" a derrota do seu partido nestes comicios.

"Estratexia profunda"

O ex ministro de xustiza tampouco fuxiu das súas propias responsabilidades e sinalou que cando asumiu este cargo e ser cabeza de lista pola provincia da Coruña era "consciente"  da situación do seu partido. "Agora toca reformular unha estratexia profunda, tanto a nivel nacional como autonómico, para recuperar o electorado de esquerda", indicou.

Por iso, convocará "previsiblemente" para este venres reunión da executiva do PSOE coruñés para celebrar daquela un comité provincial e iniciar unha "renovación imprescindible nas ideas e nos procedementos". "Algúns sentimos defraudados, pero traballamos como os que máis en defensa dun proxecto para Galicia", sinalou Caamaño.

Caamaño, que apoiou a Carme Chacón no seu enfrentamento con Rubalcaba e que mesmo se postulou a liderar o PSdeG, evitou, en todo caso, falar de dimisións. "Agora toca reflexionar e tentar traballar por este partido", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

15 Fóra do país dos ananos

O PSOE é un partido cunha longa e escura historia antidemocrática e antigalega...Que fique ben lonxe do noso país, que siga en Madrid cantaruxando "La Verbena de la Paloma" ou co lumpen analfabeto andaluz, que iso se lle dá moi ben e é do que vive.

14 adrián

O espectáculo que están a dar os damnificados das eleccións do 21-O amosa a razón pola que perderon os favores do electorado. Os máis listos, calan...Pero os que falan, uffff...Menuda tropa...Seguen sen enterarse do fenómeno de fondo que está a acontecer. Chámase liderado. http://cronicasindepes.blogspot.com...

13 adrián

O espectáculo que están a dar os damnificados das eleccións do 21-O amosa a razón pola que perderon os favores do electorado. Os máis listos, calan...Pero os que falan, uffff...Menuda tropa...Seguen sen enterarse do fenómeno de fondo que está a acontecer. Chámase liderado. http://cronicasindepes.blogspot.com...

12 SPQR

Las mayores cotas de corrupción en la etapa democrática (Roldán, Juan Guerra, GAL, FILESA..) llevan el sello socialista y los últimos disparates económicos y políticos (cuestionamiento de la Nación Española o Estatuto de Cataluña) son obra del PSOE y del señorito de la foto. Estos socialistas son los que promovieron la Ley de Memoria Histórica (el colmo de la hipocresía), los que borraron del callejero a Calvo Sotelo, pero promovieron a personas como Indalecio Prieto que dijo que todas las dictaduras debían ser como las de Primo de Rivera. Son los que no tuvieron reparos en hablar con los asesinos de ETA a espaldas de los españoles, tras firmar un Pacto Antiterrorista o los que se aliaron con lo más rancio del nazionalismo o con los independentistas para mantener el poder. Eso es el PSOE: cinismo, mentira, corrupción y ansia de poder.

1 semoncho

O PSOE tem na sua história uns quantos casos de corrupçom, mas já se sabe que o poder corrompe. Mas o PP é corrupçom em estado puro. Nom tenhem respeito nem pola democrácia, nem polo pais. Lembremos a Aznar negociando com ETA ( http://www.google.com/url?sa=t&rct=... ), ou quando Montoro dijo aquel tam patriotico "Que caiga España que ya la levantaremos nosotros".

11 SPQR

El Psoe ha sido y será un problema para España. Su fundador (Pablo Iglesias) amenazó a D. Antonio Maura con llegar al atentado personal antes que permitir que volviese a gobernar. Más adelante participó del gobierno en la dictadura de Primo de Rivera y cuando éste cayó, el partido se ocupó de fomentar huelgas revolucionarias. No reconoció la victoria de la derecha republicana en las elecciones y dio un golpe de Estado que desembocó en la Revolución de Asturias (1934) y que costó al país miles de vidas. Durante el gobierno de la II República abogó por la dictadura del proletariado y no defendió un régimen democrático. Colocó una estatua de Stalin en la Puerta de Alcalá y fue un militante socialista quien asesinó a Calvo Sotelo, hecho que provocó la intervención del Ejército iniciándose la Guerra Civil.