Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 11/03/2020 | Actualizada ás 18:03
A Real Academia Galega (RAG) ofrece online máis de 150 publicacións periódicas históricas tras os últimos traballos de dixitalización, segundo informa. En concreto, a institución incorporou á biblioteca dixital 75 títulos.
'O Tío Marcos d'a Portela', o primeiro xornal en galego cunha tiraxe regular; 'As Roladas', o primeiro intento de revista infantil en galego ou diversas publicacións impulsadas desde a emigración figuran entre as novas incorporacións.
Coas incorporacións realizadas, son xa 122 as revistas e xornais editados entre o século XIX e a primeira metade do século XX disponiblesen este espazo na rede, mediante o labor de dixitalización.
Ademais, a RAG segue ofrecendo a través da súa web outros 29 títulos, de maneira que, segundo sinala, "as publicacións periódicas da súa hemeroteca dispoñibles en liña son xa máis de 150".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.