Gonzalo Caballero pide a Feijóo que retire o apoio a Jácome e Baltar amosalle o seu apoio

"Feijóo e Jácome non lle poden estar cuspindo de forma continua aos cidadáns", di tras a indigna intervención do rexedor no último pleno. Baltar apoia o comportamento do rexedor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2020 | Actualizada ás 18:21

Comparte esta noticia

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, considerou que o que sucedeu no último pleno municipal de Ourense "é unha vergoña" e apelou ao presidente do PPdeG a dar "a cara" e transmitirlle aos seus "concelleiros" que "teñen que quitarlle inmediatamente o apoio ao actual alcalde", Gonzalo Pérez Jácome.

Gonzalo Caballero mostrou o seu apoio este mércores ao grupo municipal socialista en Ourense despois de que o pasado venres --durante o debate sobre unha moción na que se debatía sobre o comportamento do rexedor-- Jácome fatoulle "ao respecto aos membros da corporación e aos veciños coas súas indignidades e as súas expresións".

O tamén candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta instou ao rexedor ourensán a que "rectifique inmediatamente" polo seu "machismo recalcitrante, a súa falta de respecto institucional e as súas declaracións soeces e inoportunas", xa que "un alcalde dunha gran cidade non pode estar nese nivel de política de crispación, de tensión e de insultos", propio dunha "república bananera". "Non imos dar nin un paso atrás", reiterou.

Así mesmo, responsabilizou deste extremo a Feijóo, "que puxo ao alcalde de Ourense á fronte desta cidade despois de dicir que era algo letal" e convidoulle a "dar a cara" ou a "dicirlle aos seus concelleiros que teñen que quitarlle inmediatamente o apoio"; pola contra, engadiu, "terá que ser Pablo Casado o que tome medidas no asunto". "Feijóo e Jácome non lle poden estar a cuspir de forma continua aos cidadáns", abundou.

O líder dos socialistas galegos tachou o comportamento do rexedor de Democracia Ourensá (DO) de "vergoña sen comparación en España" e denunciou que "non está á altura do que esta gran cidade merece", xa que "excede as fronteiras de Galicia" e en todo o país "están a falar do caso de Ourense como un esperpento".

MOCIÓN PARA "REPROBAR" A JÁCOME

Na mesma liña, Villarino describiu o panorama de "inadmisible", protagonizado por unha "figura que non ten ningún tipo de control, inestable, que carece de escrúpulos, que trata mal aos veciños e mesmo aos representantes de persoas con discapacidade e que denigra continuamente ás mulleres".

Por iso, adiantou esta mañá que o PSdeG levará ao próximo pleno unha moción para "reprobalo", á vez que culpou a Feijóo igualmente de provocar esta situación a través dun "pacto" para "colocar" a Jácome "como un monicreque do PP", para "garantir o goberno da Deputación provincial" e tamén para que DO "non se presentase ás próximas eleccións autonómicas".

Villarino declarou, ademais, que lle "chaman" de "toda España" e móstranlle " a súa solidariedade" con "miles de mensaxes de apoio" e "sobre todo preguntas dirixidas ao PP," sobre "como é posible que os seus concelleiros nin sequera mostren un mínimo de vergoña ou desculpa": "Xa non dicimos nada dos representantes de DO porque basicamente son todos cativos".

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar

BALTAR

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar (PP), apoiou o polémico comportamento de Jácome (DO), tras afirmar que el "non" está "no Concello" e que esta forma de actuar foi "avalada" pola "xente que votou en contra da moción" no pasado pleno, é dicir, o PP e DO.

Así o trasladou esta mañá no Pazo provincial de Ourense nun acto cultural, onde subliñou que el "non asiste ao pleno" do Consistorio, pero si "aos da Deputación", onde "existen dúas persoas que son a paradigma da mala educación e da falta de respecto" --en referencia previsiblemente aos deputados Rafael Rodríguez Villarino e Ignacio Gómez--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

3 anonimo

Para Gamela. Son casos diferentes. Caballero ten maioría absoluta, e o micro alcaldiño de Ourense chegou de rebote á alcaldía, e ten obvios problemas de oersonalidade: infantilismo, inestabilidade total, moi baixo nivel cultural, ganas tolas de protagonismo social, claros sentimentos antigalegos. Non vale para estar ahí; de feito, non vale para estar en case nengún sitio.

1 Gamela

Certo, pero vale para manter os intereses do Baltar ?

2 anonimo

Jácome nun pleno municipal " ¿ Saben en que se diferencia Villarino ( concellal da oposición) dun chimpancé? En que o chimpancé ten un brillo de intelixencia na mirada" " Ti alucinas, nena". Jácome é un producto mixtura de embrutecemento, complexos antigalegos e modales arrabaleiros. Creo que Gamela equivócase ao tentar relativizalo diciendo que é igual que o Alacalde de Vigo. esta é outra cuestión. Jácome é un neno tonto, una vergoña para os ourensáns a para todos os galegos. Nun programa estatal chamaronlle " O sarxento dos grelos". Por favor, o enano analfabeto éste, fora xa.

1 Gamela

Máis que "relativizar" o que pretendo dicir é que existen comportamentos "autoritarios" en ambos Concellos! Que podemos pensar dun alcalde que prioriza os Dinosetos antes que atender ás necesidades da xente sen fogar ? https://flic.kr/p/zfeLC6 A propaganda dá votos e maiorías absolutas pero oculta deliberadamente outras situacións moitísmo máis graves (extender a aporofobia entre a cidadanía debera ser un DELITO!) https://i.gal/gamela19 Ámbolos dous alcaldes padecen o Síndrome de Hybris (unha borracheira de poder) ?

1 Gamela

Jácome non é máis cunha mala copia do comportamento despótico de Abel Caballero en Vigo. Para empezar Jácome retransmite os plenos do Concello de Ourense, en Vigo ninguén pode ver e escoitar as burradas de Abel! De momento Jácome aínda non envía a Policía Local a controlar e multar aos disidentes, en Vigo tivemos a Diego a punto de entrar en prisión por mentiras da Policía Local controlada dende a Alcaldía (todo para meter un barco nunha rotonda!) Jácome aínda non ten a acampada máis longa da democracia (3 anos e un mes!) ás portas do Concello de Ourense! En fin, as maiorías absolutas do tío Abel, parécense cada vez máis ao Caudillismo de Putin (alcalde vitalicio)! Primeiro aviso : https://youtu.be/NTY6OetF0Gs O abuso de poder estase a converter en rutina nos Concellos de Taifas! Levamos enterradas a 3 persoas sen teito en Vigo e ninguén abre a boca : https://youtu.be/6QYt-Ev_B7Y

1 Gamela

A ver cando se fan públicas as multas do Concello de Vigo tramitadas por funcionarios da Policía Local (non falo das multas de tráfico) e executadas dende a Subdelegación do Goberno en Pontevedra para disuadir as protestas da cidadanía (as últimas na manifestación do 8M das que pediu explicacións Marea de Vigo) https://twitter.com/00Gamela/status... Ao alcalde de Ourense aínda lle queda moito para chegar ao control social do Tío Abel Algúns vivimos nunha Democracia Bloqueada!