En Común apela a definir unha "posición de país" antes da conferencia de presidentes do sábado

A coalición ponse a disposición da Xunta pero pide contactos antes do próximo luns, cando se reunirán con Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | | 12/03/2020 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A coalición Galicia En Común-Anova Mareas apelou a definir unha "posición de país" entre as distintas forzas políticas antes da conferencia de presidentes que se celebrará o sábado, polo que considera que os partidos deben contactar antes do luns, cando están convocados a unha reunión co presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Este xoves nunha rolda de prensa en Santiago na que estivo acompañado polo número tres pola Coruña, Martiño Noriega, e a cabeza de lista por Pontevedra, Eva Solla; o candidato á Presidencia da Xunta pola candidatura de confluencia, Antón Gómez-Reino, manifestou que se atopan a disposición do Goberno galego ante a crise aberta pola expansión do coronavirus. Esta, podería arrexar a suspensión das eleccións autonómicas previstas para o 5 de abril.

Así, manifestaron que "máis aló do político e o electoral" está a protección da cidadanía e evitar a propagación do COVID-19, un asunto sobre o que versou a chamada que o pasado mércores efectuou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, aos líderes das principais forzas políticas de Galicia, entre eles o propio Gómez-Reino.

A candidatura de confluencia incide en que as autoridades sanitarias deben pilotar a situación nestes momentos, polo que evitou concretar se son partidarios de aprazar as eleccións, un "debate" que, a xuízo de Gómez-Reino, ha de afrontarse "con información". "Ninguén debería sacar réditos políticos desta situación", incidiu o tamén secretario xeral de Podemos Galicia. Considera que a campaña electoral debe producirse "con todos os parámetros de participación e garantías democráticas".

Rolda de prensa de Galicia en Común en Santiago. EN COMÚN
Rolda de prensa de Galicia en Común en Santiago. EN COMÚN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta