A Xunta reivindica o papel dos traballadores sociais pola igualdade e a atención a vítimas de violencia

O evento busca compartir entre as profesionais habilidades de prevención e intervención desde unha perspectiva feminista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2020 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O Goberno galego reivindicou este xoves o "importante papel" dos traballadores sociais na "loita pola igualdade e a xustiza social", así como na atención ás vítimas de violencia de xénero.

Así o sinalou a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e secretaria xeral de Igualdade por delegación, Natalia Prieto, na inauguración do 'I Xornada Galega de Traballo Social e Feminismos'. O evento busca compartir entre as profesionais habilidades de prevención e intervención desde unha perspectiva feminista.

Na súa intervención, Prieto destacou "os referentes e a visibilización" como "dous conceptos fundamentais para avanzar na igualdade". Puxo en valor a figuras como Concepción Arenal para trasladar "normalidade" en todos os ámbitos da sociedade.

Fotos Xunta Igualdade Traballo Social E Feminismos. Xunta de Galicia
Fotos Xunta Igualdade Traballo Social E Feminismos. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta