Feijóo deseña xa un escenario sen eleccións galegas: "A saúde está por riba das leis"

O presidente da Xunta di que é "moi difícil" manter a convocatoria nas circunstancias actuais e suxire o seu aprazamento porque "antes está a saúde pública que a lei electoral". A xunta electoral sostén que suspender o 5A debe ser por "consenso das candidaturas" que concorren.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 12/03/2020 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, non quere que se celebren as eleccións galegas do 5 de abril, ou cando menos, considera que a esta cita electoral pode chegarse sen que se dean as condicións adecuadas para que se celebren ante o clima de alarma que se está a vivir polo coronavirus. Unha postura que xa adiantaba este mércores Galicia Confidencial, a pesar de que en Galicia a súa incidencia é moito menor que a doutras autonomías.

O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello. XUNTA
O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello. XUNTA

Por iso, o seu goberno deseñou xa un escenario para crear un clima propicio para o aprazamento electoral, a pesar das dificultades que isto conleva, xa que nunca na historia da actual democracia se deu unha circunstancia semellante, e requeriría dun consenso político e, especialmente, dunha reforma exprés da propia lei electoral.

"As eleccións son secundarias porque o que nos importa é a saúde pública", dixo ao tempo que anunciaba o peche de centros escolares e centros públicos dependentes da Xunta e, tamén, o cese da actividade electoral do Partido Popular, a pesar de ser unha rolda de prensa convocada como presidente do Goberno galego.

Tras admitir que falou co lehendakari, Iñigo Urkullu, Feijóo explicou que o seu Goberno, do mesmo xeito que o vasco, estudan os mecanismos legais que habería que activar "no caso de que se chegue á conclusión de que o máis recomendable" é suspender os comicios.

"As eleccións autonómicas en Galicia son absolutamente secundarias, o único que nos importa é a saúde pública, por iso recomendamos aos partidos suspender os actos de precampaña e así o vai a facer o PPdeG. (...) As eleccións só se poden celebrar o 5 de abril se temos garantías de que todos os galegos poden votar con absoluta garantía e todos os membros das mesas (electorais) poden estar alí 12 horas", dixo Feijóo.

E o certo é que as medidas impostas pola Xunta impiden, ou fan moi difícil, realizar a campaña electoral porque, entre elas, está a prohibición de celebrar actos multitudinairos. Deste xeito, limita a 50 o número de persoas en espazos públicos, a non ser que o seu aforo sexa moi grande, que, nese caso, será dun terzo da capacidade total. E, para os actos ao aire libre a limitación será de 500 persoas. 

OUTROS ARGUMENTOS

Feijóo tamén utiliza argumentos sanitarios e destaca que o 5A "non hai seguridade de que a xente poida votar con total garantía ou mesmo que se poidan constituír as mesas electorais por falta dos seus membros". En todo caso, a pelota, veu dicir, está no tellado do Goberno central. "Del depende que se suspendan ou non estas eleccións", indicou.

Con todo, e tal e como publicou este mércores Galicia Confidencial, a posibilidade de anular ou aprazar unhas eleccións non é nada doado e non só depende do Goberno central, senón dunha reforma constitucional. Preguntado por este medio se non teme que unha decisión así sente precedentes para cataláns e vascos, Feijóo destacou que, "a saúde debe estar por riba das leis". "Cando colisiona a saúde púbica coa electoral hai que ver cal está por riba, pero para min o máis importante é a vida das persoas", sulilñou. 

Por iso, mostrou a súa seguridade de que "os expertos xurídicos" adoptarán unha decisión pensando "na saúde" para reformar a LOREG. Outra cousa é, e polo momento o presidente galego non se pronuncia, é por canto tempo se poden aprazar unhas eleccións. Todo dependerá da evolución dunha pandemia que ninguén sabe como se vai comportar.

XUNTA ELECTORAL

A Xunta Electoral de Galicia concluíu que as decisións a adoptar en relación á crise do coronavirus e a convocatoria de eleccións autonómicas o próximo 5 de abril "deben respectar os principios constitucionais e estatutarios de seguridade xurídica" e sostén que calquera adiamento debe aterse aos "mecanismos propios do Estado de dereito e ao consenso das candidaturas concorrentes".

Ademais do principio de seguridade xurídica e responsabilidade, a Xunta Electoral tamén apelou ao principio de interdición da arbitrariedade. Trátase dun precepto constitucional que estima contraria a dereito calquera decisión dos poderes públicos que careza de fundamento suficiente, infrinxa principios aos que deben estar sometidas as potestades públicas, incorra en manifesto erro do feito ou estea adoptada de acordo con razoamentos inaceptables pola súa incoherencia outras opcións máis favorables ou porque conducen a resultados absurdos.

Con isto, a Xunta Electoral, que se reuniu este xoves na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), determinou que "se deben coidar a necesaria audiencia e participación de todos os suxeitos afectados".

Trasladou, así mesmo, que no seo das súas competencias, "garante o normal desenvolvemento do proceso electoral convocado". Ratifica, como tamén observaron diversos constitucionalistas en declaracións públicas en días pasados, que hai unha "ausencia dunha regulación expresa que autorice calquera adiamento" das eleccións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 galegoexiliado

Partindo da frase, atribuida a San Alberto, LA SALUD ES LO PRIMERO, penso eu que unhas eleccions e un cambio de goberno podería, e digo podería pois non creo nos milagros, podería mellorar a nefasta xestión sanitaria do actual des-Goberno. Pero quén son eu pa opinar e privar ós galegos da mellor sanidade do mundo.

4 Xesús Ateo Recalcitrante

As leis non son incompatibles coa saúde; non esta unha por riba da outra. Simplemente hai que facer ou modificar leis e poñelas ao servizo da saúde non ao servizo dos que se benefician da mala saúde da poboación, que é o que estivo vostede, señor Feijóo, desde que chegou á Presidencia da Xunta de Galicia. É vostede o exemplo de señor que ten posto todos os seus ímpetus en destruír o sistema público de saúde, de querer rematar coa mediciña preventiva e de poñer a doentes e profesionais sanitarios aos pes dos cabalos das multinacionais de saúde curativa privada, as multinacionais farmacéuticas e das compañías que negocian con seguros de saúde.

1 Violeta 4

Vale, pero los políticos de izquierdas van a los hospitales privados a la menor oportunidad. Tienen pasta gansa y se lo pueden permitir. La pública para la plebe, sea de izquierdas o de derechas. Eso sí, con las listas de espera del SERGAS, muchos médicos de mañana en la sanidad pública se forran de tarde en su consulta privada.

2 Sentidiño

Si, políticos de esquerdas coma Feixóo, a familia real, e Joaquín Sabina. O que hai que facer é prohibir aos traballadores públicos a actividade privada. Carteiros, enfermeiros, profesores, policías, médicos,... a todas igual.

3 anonimo 2

A tomadora de cabelo não é o aprazamento das eleições. A tomadora de cabelo é que o Feijóo não estabeleça já a nova data, por exemplo o 4 de outubro. Mas é claro que não o fará porque quere convocá-las quando melhor lhe convenha os seus interesses.

2 Manoliño

Un virus ridículo que o único que produce son mocos e dores leves de cabeza durante 5 días, pese a que nolo vendan como a peste, vai servir de excusa para aprazar unha eleccións porque ó señorito non lle saen as enquisas??, pero somos parvos ou qué?. E o resto de partidos qué van facer, aceptarlle esta tomadura de pelo??

1 Daniel F. Noquerol

Lo tuyo explica porqué Núñez Feijóo lleva 3 mayorías absolutas, camino de una cuarta. También con tu ignorancia das una cabal razón sobre las consecuencias de esta pandemia y explicas la marginalidad del nacionalismo gallego.

2 Manoliño

Non sei a qué ven o das "3 mayorías absolutas", "marginalidad del nacionalismo gallego", nin caso. Este virus só é perigoso para xente con problemas serios de saúde ou moi anciáns, se tí estás ben de saúde como moito terás un pouco de febre e listo. Mira Ana Pastor, médica, qué tranquila está. E que Feijoo propoña isto por comenencia non hai dúbida. Para quen llo queira crer.

3 Alo

Virus ridículo? Ti estas de coña ou que?. Besta

1 miña nai querida...

Pero é que ainda queda algún lumbrera que pensa que se poden levar a cabo estas elecciósn??? é que somos un pais de impresentables.... a que agardamos para poñer medidas drásticas¡¡¡ ou sexa pechas os colexios pero non as universidades a día de hoxe... ou sexa lamentable pero facede algo ben ca ra llo....¡¡¡¡ todo dios para casa coño¡¡