Temas: O PINO

O acusado de tentar matar un home no Pino declárase inocente: "Eu ese día non estaba alí"

O home, que se enfronta a unha pena de 9 anos de prisión, recoñece roubar a escopeta pero nega disparala.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2020 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

Un acusado de tentar matar un home no Pino (A Coruña) declarouse inocente e asegurou que el non se atopaba no lugar dos feitos, aínda que si recoñeceu roubarlle a escopeta, coa que presuntamente se cometeu no crime, á que fora a súa parella.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña acolleu a sesión contra este home para quen a Fiscalía solicita nove anos de prisión por un delito de intento de homicidio. O Ministerio Fiscal solicitaba tamén un ano máis por un delito de tenencia ilícita de armas, pero finalmente retirou este cargo ao comezo da sesión.

Os feitos remóntanse ao 27 de marzo de 2018 cando a vítima regresaba ao seu domicilio e foi sorprendido por un home que lle ordenou que se dirixise ao inmoble mentres o encañonaba cunha escopeta. A vítima, segundo declarou, foi ameazado coa frase "tira para dentro e non te fagas o valente que che deixo seco".

A vítima abriu a porta e inmediatamente despois pechouna deixando ao agresor fóra, pero este non dubidou en disparar á fechadura. Os disparos atravesaron a porta e alcanzaron por detrás o home, quen chegou a recibir perdigóns na cabeza.

ALEGA UN ERRO NA PROBA

O acusado declarouse inocente dos cargos que lle imputan e mesmo chegou a asegurar que o día dos feitos "non estaba alí", senón que se atopaba co seu vehículo "na entrada de Santiago".

Aínda que non se declara autor dos feitos, si recoñeceu que catro anos antes dos sucedido colleulle a escopeta á súa entón parella, quen gardaba esta arma na súa vivenda. Unha arma que, segundo o procesado, "nunca foi disparada", polo que cre que hai un "erro" na proba pericial.

Ante o tribunal tamén declarou a propietaria da escopeta, quen sinalou que no momento que se deu conta que lle falta a arma soubo que lla levou o acusado, pois "era a única persoa que entraba na miña casa".

Xulgados.
Xulgados.

Temas: O PINO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta