"Hai que falar con calquera que se sinta nacionalista"

Rafael Cuíña, candidato de CxG por Pontevedra ten claro que o proxecto desta nova formación ten que continuar pero tamén non pecha portas a un diálogo amplo con todas as formacións nacionalistas. Felicita a AGE polos resultados e asegura que o BNG "é imprescindible" en Galicia.

Por Xurxo Salgado | Lalín | 25/10/2012 | Actualizada ás 00:10

Comparte esta noticia

Apañou máis de 800 votos en Lalín --a súa localidade natal-- e converteu a CxG na terceira forza máis votada desa localidade. Por iso, non descarta volver a este municipio como candidato nas vindeiras municipais. Recoñece que os resultados de Compromiso non foron bos pero agarda que o 21-O sirva para consolidar un proxecto de futuro.

Rafael Cuíña
Rafael Cuíña

Di que deixou amigos no PPdeG pero que se sinte moni "cómodo" na súa formación nacionalista. Unha forza, di, que é de "centro-esquerda". As tarefas máis urxentes; "congreso constituinte, reforzar a estrutura comarcal e moito traballo".

Galicia Confidencial (GC).- Xa pasaron uns días dos comicios. Agora, en frío, como valoras os resultados?

Rafael Cuíña (RC).- Pois non foron bos. Agardaba máis, certamente. Demasiados atrancos no camiño en tan pouco tempo. E asumo a miña cuota de responsabilidade. Puxen o meu cargo a disposición da executiva e por unanimidade pedíronme que seguise con máis forza se cabe. Só podo dar as grazas aos meus compañeiros pola xenerosidade.

GC.- Cres que CxG pode chegar a máis deses 16.000 galegos que apostaron por ela?

RC.- É evidente que o creo

GC.- E como?

RC.- Temos que facer xa ese congreso constituinte e que a marca política sexa coñecida. Daba a sensación de que a algúns non lle interesaba que fose coñecida. Eles saberán porque.

GC.- Que cousas habería que mellorar a partir de agora?

RC.- Reforzar as estruturas comarcais, definir ante a sociedade o que é CxG, e moita humildade para asumir os nosos erros.

"Centro-esquerda"

GC.- Unha crítica que se vos fai é que non se sabe se CxG é unha formación de dereitas, de esquerdas ou de centro?

RC.- Ou non se quere saber... nesta formación hai galeguistas progresistas até xente da esquerda renovadora. Está claramente situada no centro-esquerda Galeguista-nacionalista.

GC.-  Foron as túas primeiras eleccións como candidato ao Parlamento. Cales son as túas impresións?

RC.- A experiencia foi boa. Fixen case 6.000 km, reuninme con todo tipo de colectivos, falei cunha cantidade inxente de persoas. En resumo, a día de hoxe coñezo moito mellor a problemática da miña provincia.

GC.- E se tiveras que elexir algún momento destes 15 días de campaña, con cal te quedarías?

RC.- O mitin de Lalín co auditorio cheo, e a impresión que me causou a cantidade de xente que está descontenta cos políticos. (Con toda a razón)

GC.- Acadaches máis de 800 votos en Lalín. Xa pensas nas municipais?

RC.- Pensamos como organización, si, serán as nosas eleccións, como xa tiñamos previsto. Estou moi orgulloso da resposta dun pobo como o lalinense no que tan difícil é non votar ao PP, que baixou 900 votos. CxG será moi importante alí tamén.

"Atado ao mástil"

GC.- E cres que CxG chegará como partido a esa cita electoral?

RC.- Non teño a menor dúbida. O certo é que xa o propio domingo escoitei cantos de serea. Estou atado ao mástil...

GC.- Os principais medios falan da ausencia dun líder carismático, estás dacordo?

RC.- Creo que Xoán Bascuas é un traballador incansable, con unha idea clara do que quere para esta terra, e unha excelente persoa. Creo máis en eso que en lumes de artificio.

Felicitacións

GC.- E a que cres que se debe o éxito de AGE?

RC.- Pois a que moitas persoas pensaron que a súa mensaxe recollía a indignación social contra un goberno evidentemente negativo para esta terra. Eu alégrome por eles, sobre todo por Martiño e Beiras que o merecen. É coñecido que a min non me gustaba un pacto cun partido non nacionalista como IU. Os felicito sinceiramente.

GC.- Pensas que esta formación apañou votos do voso electorado?

RC.- Penso que é evidente

Acordo nacionalista

GC.- Tamén hai quen fala de volver a reeditar un pacto nacionalista. Cres que logo da escisión no BNG se pode chegar a un novo acordo entre formacións nacionalistas?

RC.- Pois o que hai que ofertar son produtos en función dunha demanda. O BNG é necesario para Galiza, sempre o foi. Hai que falar con calquera que se sinta nacionalista, e queira que os centros de decisión estean en esta terra.

GC.- Foches militante do PP durante moitos anos. Como te ves como candidato noutra formación?

RC.- Pois sinto que agora, nunha formación nacionalista, estou na miña casa, ideoloxicamente falando.

GC.- E a xente non te pregunta porque deixaches o PP? e que lle dis logo de que esa formación volvera a arrasar nas eleccións?

RC.- Non perdo moito o tempo con este tipo de cuestións. Eu marchei de alí porque non teño nada que ver con eles. No persoal teño moi boas amistades alí.

GC.- Pero hai quen se puxo contento no PP de Pontevedra polos seus resultados? Parece que algúns non lle querían ben nesta formación...

RC.- Supoño que a vida é así. Eu miro cara adiante, nin para atrás nin para o lado. O PP ten o meu respecto, mais non é o meu proxecto. Eu son galeguista. Por certo, parabéns polo seu resultado.

GC.- E, agora, cales son os retos inmediatos?

RC.- Congreso constituinte, reforzar a estrutura comarcal e moito traballo, moito...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 153 comentarios

59 Outro Galeguista

Vexo moitos cabreados comentando. Cuiña, ten en conta que eso é bó...,( só son cabreados), non te rindas nunca, podes representarnos a moitos galeguistas de ben. Espero que sexas o noso referente, necesitamoste.

58 TAN SOLO UNHA OPINION

Si quero deixar un comentario, que non vou dicir nada porque estou indigando coa presenza deste vividor en politica manchando o nome dun gran galeguista, XOSE CUIÑA, un home admirado por todos, deberias respetalo

57 Victor Soutomaior

A seguir loitando Rafa!! Moi bo traballo na campaña. Tedes moito futuro en Compromiso. Paciencia.

1 Xan Antón

Paciencia, moita paciencia, pero que devolva primeiro a pasta das subvencións. 4,5 millóns de euros só os superou Dorribo.

2 Curuxa

Xan Antón.. Xan Antón ves como tes algo persoal homiño?

3 Xan Antón

Non coñezo este señor de nada. Seguro que ti non podes dicir o mesmo. Por que te poñen tan nervioso as críticas ao teu xefe? Págache algo por vir aquí no seu defensa?

56 Xan Antón

A foto é ilustrativa, parece El Padrino. En resposta ao titular: falaches con todo o mundo, pero todo o mundo pasou de ti, ata os votantes habituais de diversos partidos que aínda están no teu quiosco. Bascuas ou Pérez Bouza obtiveron resultados menos malos que o teu, así que faicho mirar.

1 Moito castrón

O único ilustrativo é que o comentario de Xan Antón non é compartido por ninguén en CxG. Demasiado odio nas súas verbas. Non cola......Ademais, alguén con tan bo resultado no seu pobo, é sintomático de que a xente sabe da valía.

2 Carlos medelo

Non perdades o tempo con este tipo de xente, só queren intoxicar e van ao personal. Xentuza

3 Xan Antón

1. Coma se CxG representase alguén. Non é cuestión de odio, pequeno vasalo sen imaxinación, senón de feitos. O pobo galego deixou clara hai uns días a representatividade dos candidatos de CxG, que se ben é marxinal, é menos irrelevante nuns que noutros. O do teu ídolo foi un fracaso despois de tanta rede social, tanta aparición en medios de comunicación, tanto autobús, etc. Bo resultado no seu pueblo...Ni en Lalín foi capaz de sacar mayoría...Patéticos lacaios de garda que sempre din o mesmo

4 Curuxa

Coidado con Xan Antón, que o veleno que desprende é moito. Nótase que é algo persoal e o pobre morde. Malpocado... Vai cos teus odios a outra parte

5 Xan Antón

Non coñezo este señor de nada. Seguro que ti non podes dicir o mesmo. Por que te poñen tan nervioso as críticas ao teu xefe?

55 Coiro

Vexo que moita xente teima en definir CxG coma un partido de dereitas...? eu debo ser un becho raro porque non me teño por nada de dereitas e votei por eles. Igual é que estou desinformado pero a min gústame que non tapen o emblema que representa o reino de Galicia dende fai máis tempo, case un milenio, cunha estrela vermella, tan resesa!. se lle quitas a estreliña do carallo á bandeira, xa es de dereitas? ou será que os que lla poñen están moi pouco informados da historia de Galicia?.

1 carballo

Eu son partidario dunha folla de carballo en troques da estrela vermella. Saudos, Coiro.

2 Coiro

hahaha, pois bastante mellor ficaría, representaríanos moito máis, mesmo un trisquel. Pero para que buscar símbolos se xa temos un?

3 merlin

o problema de Cxg é que é maioritariamente de esquerdas, e ahí non queda espazo.

4 Coiro

Merlín non concordo contigo, no espazo da esquerda socialdemócrata hai moito oco, todo o que deixan os do bloque que ocupan unha esquerda máis antisitema e con vocación de oposición, non de gobernar.