O deputado do BNG no Congreso decide permanecer en Madrid por "prudencia e responsabilidade"

Faino despois de que a Xunta de Galicia e o Goberno de España aconsellase a pasada xornada evitar viaxes e mobilizacións innecesarias ante a crise do coronavirus.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2020 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

O deputado do Bloque Nacionalista Galego no Congreso, Néstor Rego, tomou a decisión de permanecer en Madrid por "prudencia e responsabilidade" ante a situación social que está a provocar o coronavirus e ante a chegada a Galicia de xente procedente de Madrid que ten casa ou chalet para pasar os veráns e que están acudindo agora para fuxir da capital, tal e como informou Xornal de Vigo.

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego
O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego | Fonte: Europa Press

Así o transmitiu o nacionalista esta mañá de venres a través do seu Twitter, despois de que a Xunta de Galicia e o Goberno de España aconsellase a pasada xornada evitar viaxes e mobilizacións innecesarias.

Ademais, esta semana Rego tamén asistiu en Madrid a dúas reunións da Xunta de Portavoces do Congreso, polo que cre que "a decisión correcta" é quedar en Madrid ante o risco de ser un potencial contaxiado por COVID-19.

Na mesma mensaxe asegurou que se atopa "perfectamente" ben, pero con esta medida pretende protexer aos seus, á súa xente e a Galicia en xeral, xa que Madrid é o principal foco de contaxio de España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Xian do Sil

Os galegos son moi felices en Madri. Co soldo do Néstor mellor non falar.

1 Gamela

Moi ben feito... a ver se lle dá tempo de ler este Gran Programa Electoral (que cabe nunha cuartilla) https://twitter.com/00Gamela/status... E xa de paso pode presentar unha moción para que os medios de INcomunicación desbloqueen os Muros de Pago que deixan á xente sen información mentras aumentan beneficios !!! Que traballe algo!