Os xulgados e tribunais galegos resolveron máis de 325.000 casos en 2019

Soben un 9,5% os procedementos ingresados nos órganos xudiciais de Galicia, que só rexistran baixadas no contencioso-administrativo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2020 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Os xulgados e tribunais galegos resolveron o ano pasado un total de 325.072 asuntos --1.231 de media por órgano--, o que implica un aumento do 19,9% sobre 2018. Ademais, segundo o informe publicado este venres polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), a taxa de resolución de asuntos en Galicia --relaciona o número de casos que ingresan cos que finalizan-- aumentou un 9,5%.

Os órganos xudiciais da Comunidade galega finalizaron en 2019 con 155.822 procedementos que estaban en trámite, un 0,5% máis que en 2018, cando estaban abertos 154.979. En canto aos asuntos que ingresaron nos tribunais ao longo do pasado ano, ascenderon un 9,5% ata situarse nos 330.956 casos, mentres que en 2018 foron 302.278.

Así mesmo, os datos do CGPJ indican que a taxa de litixiosidade de Galicia situouse, con 122,6 casos por cada 1.000 habitantes, por baixo da media do Estado, que foi de 133,5 casos por cada 1.000 habitantes.

Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo
Sede TSXG. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta