Educación abre desde o luns o prazo de inscrición para as oposicións docentes

Serán 2.354 prazas para 97 especialidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2020 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre a partir do luns o prazo de inscrición para as oposicións docentes deste ano, con 2.354 prazas para 97 especialidades.

Oposicións en Silleda.
Oposicións en Silleda.

O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a convocatoria do proceso selectivo que inclúe postos para os inspectores, de profesores de secundaria, mestres, EOI, artes plásticas e outros corpos.

O prazo permanecerá aberto desde o luns e estenderase ata o próximo 6 de abril, mentres que o proceso selectivo dará comezo o 20 de xuño.

No corpo de mestres terá 747 prazas para oito especialidades, sobre todo para educación infantil e pedagoxía terapéutica que contarán coa oferta máis importante, con 150 prazas cada unha.

Mentres, no caso do corpo de profesores de secundaria, haberá 1.041 prazas para 35 especialidades, cunha dotación que destaca particularmente en matemáticas (97 prazas), orientación educativa (55), xeografía e historia (52) e lingua galega e literatura (51)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta