Denuncian falta de médico na prisión de Teixeiro

Esculca, Observatorio para a Defensa de Dereitos e Liberdades, interpuxo unha queixa ante o Defensor do Pobo.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/03/2020 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

Esculca, Observatorio para a Defensa de Dereitos e Liberdades, interpuxo unha queixa ante o Defensor do Pobo denunciando "a inexistencia de médico" na prisión de Teixeiro.

Centro penintenciario de Teixeiro.
Centro penintenciario de Teixeiro.

En concreto, explica que interpuxo a queixa "a fin de que pola Oficina do Defensor do Pobo se incoe o pertinente expediente de queixa".

Faino pola "inexistencia de médico por vacante dos postos dentro do servizos médicos do centro penal de Teixeiro" e por "violación dos dereitos fundamentais consagrados", entre os que cita o dereito á saúde.

E é que esta entidade afirma ter coñecemento de que os servizos médicos da prisión de Teixeiro "carecen de médico para prestar asistencia sanitaria aos presos e presas".

Asegura tamén ignorar "os motivos que determinan dita situación", pero engade que os presos que demandaron consulta médica trasladóuselles "por vía verbal, que non é posible por falta de facultativo que a preste".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta