Búscanse voluntarios para coidar nenos e persoas maiores durante suspensión de servizos polo coronavirus

Trátase dunha iniciativa da Federación de Mulleres da Provincia de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 13/03/2020 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

A Federación de Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) puxo en marcha un programa de voluntariado de coidado de nenos e persoas maiores ante a suspensión das clases e o peche de centros de centros de anciáns decretados para evitar a expansión do coronavirus.

Segundo trasladou a federación de asociacións a iniciativa #Voluntaríate levará a cabo en colaboración con Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) co obxectivo de axudar a conter o incremento do número de contaxios. As persoas interesadas en participar nestas actuacións poderán inscribirse no programa mediante os números de teléfono 986.262.637 e 678.727.382.

Así mesmo, a Femupo cancelou o acto de entrega do I Premios Mulleres Nélida Piñón, previsto para este sábado en Pontevedra. En concreto, estes galardóns foran creados co obxectivo de visibilizar o traballo levado a cabo polo colectivo feminino da provincia en ámbitos masculinizados.

A través destes recoñecementos, buscouse pór en valor o labor institucional levada a cabo polo Centro de Información á Muller (CIM) de Sanxenxo e, no ámbito deportivo, a do club de rugby Coreti Lalín. Tamén se destacou o traballo da pianista e xestora musical Andrea González no sector cultural, ademais do de Ardora Formación na área empresarial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta