Anova, aberta a xuntar ao nacionalismo

Lembra que AGE xa ofertou unha Syriza galega que "outras forzas rexeitaron" e insiste en que o ofrecemento segue aberto. O seu grupo parlamentario traballará pola "liberación nacional" de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2012 | Actualizada ás 09:04

Comparte esta noticia

"É curioso que haxa voces que agora pidan unha refundación do nacionalismo galego cando hai unhas semanas AGE ofertou un gran pacto para concurrir conxuntamente aos comicios galegos". É a opinión dun dirixente desta formaciónm que non acaba de entender porque, agora, políticos como Francisco Rodríguez, piden a apertura de novos espazos nacionalistas.

Xosé Manuel Beiras ao final da Asemblea do nacemento de Anova
Xosé Manuel Beiras ao final da Asemblea do nacemento de Anova

A maioría dos militantes de Anova non se opoñen a esta proposta pero lamentan que o líder da UPG fixera este ofrecemento logo de que o BNG quedara como cuarta forza política no Parlamento galego. "Houbo tempo, antes das eleccións, de reconducir a situación do nacionalismo e non houbo vontade por parte deste partido que controla ao BNG", sinala esta fonte.

E é que o sorpaso de AGE ao BNG e o éxito de Beiras nos comicios teñen mudado o campo nacionalista. Desde Anova apuntan que as eleccións crearon un novo escenario no que hai dúas forzas no Parlamento: AGE e o BNG, con plantexamentos nacionalistas, e outras, como CxG, ou menores, como o PT, que xogan no mesmo terreo de xogo. "Ovbiamente que temos que volver a falar todos pero agora hai que dar tempo a que a nova situación política se asente", sinala.

Coalición duradeira

Polo momento, Anova insiste en que a coalición con EU, Ecogal e Equo vai ser duradeira no tempo, "polo menos durante toda a lexislatura". Este grupo traballará unido na Cámara galega, aínda que, "está aberto" o escenario ante novas citas electorais. "Nós temos este acordo para as eleccións galegas. Logo xa se verá", insisten estas fontes que deixan a porta aberta para sumar máis forzas nacionalistas no futuro e aumentar esa Syriza galega.

En Anova están convencidos de que o papel que ten que xogar agora esta formación no futuro do nacionalismo é fundamental, porque "así o quixeron os galegos". Por iso, non rexeitan a idea de abrir foros de diálogo e de encontro con outras forzas nacionalistas pero "con regras de xogo que non sexan marcadas polo BNG ou pola UPG".

"Construir e non destruir"

E é que no grupo que lidera Beiras teñen claro que para refundar o nacionalismo é necesario "tentar construir" e "non destruir". "As portas sempre están abertas, pero sabendo que ninguén ten a verdade absoluta de nada".

"Agora hai que deixar enfriar e pousar todo e logo xa se verá". En Anova cren que as feridas abertas tras a asemblea do BNG aínda están recentes e haberá que deixar que vaian cicatrizando. "O que está claro é que os sentimentos e as loitas son as mesmas. O que haberá que tratar no futuro é de coller o que nos une e rexeitar o que nos separa", apunta outro dirixente.

"Liberación nacional"

Por outra banda, o grupo parlamentario de Anova estará "comprometido" coa "liberación nacional e social" de Galicia e con "avanzar no exercicio da autodeterminación reivindicando a nación dos galegos como suxeito único da soberanía nacional".

 

Ese é un dos acordos da Executiva desta formación que se reuniu este sábado. Ademais, acordouse consolidar a organización e, a partir do vindeiro xaneiro, celebrar unha Asemblea Nacional da nova organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 196 comentarios

54 vivamoscomapodamos!!!!!

O nacionalismo e Paco e os seus crentes, qué vai axuntar, o único os votantes iñorantes que pasarán dun ídolo agochado a outro que non se agocha; isto último ten moito de sexual non?

53 Buli

AGE é um sparring político; o pp está encantado de telos por opossiçom.E a melhor garantia de que seguirám governando per secula seculorum. Quais som as propostas de AGE para "salvar a classe obreira"? nom pagar a dívida? assaltar supermercados? Em andalucia governam e já ves. Nom é suspeitosso que se fale de Siryza tanto nos medios do capital? se fora algo perigoso para o mesmo, nom lhe dariam jogo. Sabem que nunca chegarám ao poder. Antes chega amencer dourado. Por cada esquerdista que moviliza Beiras, moviliza outros dous da dereita. Aí estám os resultados, pp 41 escanos. Volvemos as supermaiorias do pp.

1 Confuncio

Fixolle máis dano á imaxe do PP catro mitíns de Beiras na campaña, que toda a oposición feita durante catro anos polos que estaban alí, deixa a Beiras e os seus que traballen a ver ó que poden facer e mira algo polos teus colegas do beneje, que penso que boa falla lles faí.

2 Xurxo

Pois do PP se movilizou ben pouco:perdeu moitos votos. Aumentou a abstención,votos nulos e votos en branco.Si ganhou o PP foi polo fracaso total do PSOE e do BNGUPG.

52 eusi

O interese deste bng suicida por Galiza non deixa mais que ver os erros do Paco Zarzuelas e dos seus lacaios que o seguen como un mesianico descerebrado... E ai estan os resultados: coido q a chamada de atencion ainda foi pouca e deberia de ter menos deputados. Erro tras erro eleccion tras eleccion... E isto non acaba ai, tempo ao tempo

51 465q

Gustame o comunicado, primeiro hai que centrarse en responder "con traballo" a ese apoio electoral, e concordo de que hai que deixar pechar as feridas, logo de leer os comentarios, que non son poucos, vese que as feridas aínda estan moi abertas e non é o momento, en canto as distintas organizacións fagan as súas valoracións e saquen as súas conclusións, coa cabeciña máis fría, teranse que ir dando pasos, é moi importante que tododios se serene un pouco, segue a estar o ambente moi cargado de malaostia. Ca ex podes e debes levarte ben, pero é moi díficil ó día seguinte do divorcio, e máis cando un xa tén outra parella e enriba parece que lle vaí ben, todo chegara.

50 Coiro

Xuntar, que nacionalismo? o do discurso antisistema, anticapital, antiestatal, anticlerical, anti...total? o que vai a remolque do que acontece noutros lares, o que tapa o escudo milenario da nosa bandeira cunha estrela vermella, o que non coñece a historia de Galicia e só fala de Castelao e Bóveda ignorando aos pais da patria; Pondal por machista seica, coma se no século XIX houbese moitos feministas, ou será por crente e celtista? Risco por conservador, Murguía por... anano? para eles semella que Galicia só existe dende a II república. Quen falou aos galegos dos celtas, de Prisciliano (ao que empezan a coñecer e reivindicar, pero pq lle curtaron a cabeza), do reino de Galica que deu pe ao que hoxe chamamos España e Portugal, mesmo a europa occidental. que nacionalismo? se non saben onde andan.

1 carballo

Moi ben Coiro, solidarizome con esta visión de país (aínda estamos a tempo)

2 Fóra do país dos ananos

Carballo e Coiro parecen patriotas con sentidiño e xente de ben, ao mellor aínda non está todo perdido!