Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2020 | Actualizada ás 13:32
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xa interveu na videoconferencia de líderes autonómicos co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a quen mostrou a súa "lealdade" na aplicación do estado de alarma para frear o avance do novo coronavirus.
Ademais, segundo informan fontes do Goberno galego, pediu "que se precisen cuestións técnicas" para aplicar dunha maneira "máis eficaz" este Real Decreto-Lei que entrou en vigor a pasada medianoite.
Está previsto que Feijóo compareza ante os medios este domingo unha vez conclúa a videoconferencia de presidentes autonómicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.