(Vídeo) Sanitarios responden con outro vídeo viral: "Os hemos escuchado y ha sido muy emocionante"

A cidadanía saíu aos balcóns na noite deste sábado para mostrar o seu apoio á sanidade pública e ao persoal que está loitando cara a cara contra o coronavirus.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2020 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

"Os hemos escuchado aplaudiendo en los balcones y ha sido muy emocionante. Estamos juntos en esto y nosotros estamos dispuestos a darlo todo. Nos ayudas? Quédate en casa. Este aplauso es para vosotros".

Captura do vídeo grabado polo persoal sanitario
Captura do vídeo grabado polo persoal sanitario | Fonte: YouTube

Con estas palabras e cunha gran ovación final, o persoal sanitario do Servizo de Urxencias do hospital Mateu Orfila de Menorca quixo agradecer a multitudinaria homenaxe que a poboación dedicou a todos os traballadores dos hospitais dende os balcóns de diferentes puntos do estado na noitiña deste sábado.

E é que cando deron as dez en punto, o silencio das rúas baleiras de todas as cidades rompeu con vigorosos aplausos para mostrar o apoio á sanidade pública e ao persoal sanitario que está traballando sen descanso para curar os casos de coronavirus que se van reproducindo en todo o Estado. Esta quedada foi organizada rapidamente a través das redes sociais e obtivo unha resposta multitudinaria. 

No vídeo que veñen de lanzar ás redes, os sanitarios apelan a cidadanía a cumprir coas medidas de confinamento aprobadas polas autoridades. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dr Bacterio